O camiño cara a emigración de Rosalía.

Edición 2021 – Parcela 1

O xardín que estás a punto de percorrer ten como protagonista á gran poetisa galega Rosalía de Castro. O seu poema Adiós ríos, adiós fontes é un bo exemplo da súa poesía, á vez que retrata a emigración daquela época, a cal marcou as vidas da maioría de familias galegas e que hoxe, por desgraza, volve ser unha realidade para moitos mozos e mozas da nosa terra.
Propoñemos o percorrido polas estrofas do coñecido poema a través da escenificación dalgúns dos elementos que nel aparecen, de xeito que te imaxines protagonista dese camiño cara a emigración. Podes coller unha maleta para afrontar este percorrido vivindo en primeira persoa a sensación dos momentos previos á partida cara o descoñecido.
Na proposta tratamos de representar algunhas das cousas boas que caracterizan a nosa terriña, fronte á sensación de baleiro que nos provoca comezar a viaxe.
Gustaríanos que este xardín poida servir de homenaxe ás e aos emigrantes e recoñecer o valor da difícil decisión que tiveron que tomar para saír adiante eles e as súas familias.
O percorrido finaliza no mesmo punto do que saíches… desandando o camiño que te conduciu ata terras descoñecidas, poderás volver ollar de novo ás túas orixes…
As dúas cancións que escoitarás son Adios ríos, adiós fontes de Amancio Prada e Adiós ríos, adiós fontes de Radio Cos.
E unha imaxe de Rosalía que verás é obra do Rei Zentolo, que nola prestou para a ocasión.
Comezamos a viaxe cara a emigración de Rosalía?

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

Patrocinador

EQUIPO:
Arquiterras

PROCEDENCIA:
Galiza


Equipa de amigas que se coñeceron na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e que comparten o seu gusto polo deseño, a fotografía e viaxar.

–      SARA DEL RÍO SEOANE (Ordes, 1992) 

Arquitecta pola ETSAC regresada no 2018. Colabora no estudo de arquitectura e urbanismo TEC (A Coruña).

En continua formación e interese por todo o relacionado coa arquitectura, paisaxe, patrimonio cultural, ecoloxía, fotografía, pintura, música e tecnoloxía.

Contacto: https://www.linkedin.com/in/sara-del-río-seoane

–      JOHNATAN CARREIRA VÁZQUEZ (Arzúa, 1993)

Arquitecto pola ETSAC (setembro 2017), conta con varios cursos en estruturas e instalacións.  Actualmente está traballando de arquitecto en BCR Arquitectura (Lalín) centrado no mundo da construción industrializada e eficiente con madeira.

Ten inquietudes pola construción sostible, eficiencia enerxética, entre outros.

Contacto: linkedin.com/in/johnatan-carreira/

–      ANA BARXA CID (Allariz, 1992)

Graduada en Arquitectura (ETSAC, 2017) e mestrado BIM Manager. Actualmente estudante do mestrado en Edificación Sostible (na EUAT).

Desenvolve a súa carreira profesional como arquitecta e BIM Manager no estudo de arquitectura e interiorismo arxproject (A Coruña).

Contacto: linkedin.com/in/ana-barxa/