Espera, dorme ou soña?
Edición 2021 – Parcela 4

A “España Baleirada” é aquel territorio do país que se viu condenado ao esquecemento, á insignificancia, á súa case desaparición. Un territorio no que a falta de oportunidades obrigou os seus habitantes a emigrar durante décadas, deixar atrás a familias, amigos, recordos… Un xenocidio cultural e un espolio humano, que ningún país digno de tal nome se pode permitir. Unha España outrora determinante na Historia da Península, que o modelo de desenvolvemento socioeconómico actual condenou á máis absoluta insignificancia. Sirva este proxecto para reivindicar a forza e honra daqueles poboadores que loitan porque esta parte do país non morra do todo. Queriamos plasmar este concepto no noso deseño e, baseándonos nas liñas de Machado e usando un mapa de poboación española, comezamos a trazar liñas de igual densidade de poboación, dando lugar a tres manchas diferenciadas. Estas diferenzas plásmanse achegando un tratamento da vexetación en cada unha delas.
EQUIPO:
Sol Prieto López
Tomás Vellozo Echevarría
Joel Martínez Moreno
PROCEDENCIA:
Madrid e Soria
O grupo está composto por tres persoas de diversas áreas e inquietudes entre as que se atopan a poesía, o paisaxismo e o movemento social. Grazas á oportunidade que brinda este concurso podemos transmitir mediante este proxecto unha mensaxe de maneira orixinal e con capacidade de repercusión.
Sirva este proxecto para reivindicar a forza e honra daqueles poboadores que loitan porque esta parte do país non morra do todo. Para esixir futuro e dignidade para a España Baleirada.