Heiwa
Edición 2022 – Parcela 9
Procedente do xaponés “Heiwa” significa: paz, harmonía. Este xardín busca afondar na relación máis interna do ser; serenidade e tranquilidade ante o caos e as adversidades que chocan con cada un de nós no día a día. O xardín reflicte a través da escuridade unha barreira protectora que contén esa “paz interior” que resulta ser a mellor terapia contra calquera mal fiscal ou psicolóxico ao que nos enfrontemos.
Este xardín plantexa unha macroestructura circundante que esconde un xardín interior cuxa sinuosidade vai acompañada dunha lixeira topografía e unha gran variedade de especies que sen orde algunha se apropian organicamente das zonas verdes.
EQUIPO:
Julián Castaneda
PROCEDENCIA:
Colombia
Arquitecto da Pontificia Universidade Javeriana de Colombia. Con experiencia en concursos internacionais e proxectos arquitectónicos desenvolvidos. Os seus principais intereses radican no estudo da vida e da relación entre arquitectura e política.