6- O XARDÍN DO REVÉS

Edición 2024 – Parcela 6

Neste xardín nada é o que aparece. Cando entras non hai un percorrido correcto, ti decides por onde andar, non hai un principio nin un final, pero con que vas tropezar? Cun tapiz de pedras e flores. Vas andar sobre un río de pedras, sen rumbo, que se mestura cun chan de flores; estas interrompen, medran e comen o que debe ser o camiño, pero tamén te poden guiar e levar a descubrir o que esconde o xardín do revés…
Imos dar algunhas pistas para entender este lugar. Aquí onde o tempo se conxela e chove cara arriba vas atopar catro mundos, catro escenas que primeiro son catro palabras, logo catro versos de palabras e logo catro estrofas de catro versos, e logo son un poema…
A poesía materialízase en catro espazos que se esconden entre muros, se pos atención poderás ver a través deles ou meterte dentro deles. As escenas non teñen orde, es ti quen vés ver este xardín, que tes total liberdade para escoller cal é este mundo sen sentido.
Neste xardín hai un mundo do onírico, un mundo do absurdo, un mundo sen sentido… É unha oda ao surrealismo e a todos os artistas surrealistas que nos regalaron a súa obra, en especial a René Magritte.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

EQUIPO:
Esto no es un grupo de arquitectura

PROCEDENCIA:
Madrid


O noso equipo componse de Manuel Amigo (Fuentesnuevas, 1999), graduado en Arquitectura pola ETSAVA; Ane Txintxurreta (Urretxu, 1998) e Selva Vallverdú (Torelló, 1998), graduadas en Arquitectura pola ETSAB.
Orixinarios de diferentes lugares, atopámonos en Lisboa durante o Erasmus en 2021 e, posteriormente, reunímonos como compañeiros no Máster Habilitante en Arquitectura da ETSAM, en 2023, onde un traballo académico brindounos a oportunidade de participar neste festival.
Para nós é unha oportunidade para dar vida ás nosas ideas e crear algo extraordinario xuntos. Cunha combinación de creatividade, experiencia e amizade, estamos emocionados por materializar o noso imaxinario.