A poesía das cousas

Edición 2021 – Parcela 9

A procura da esencia poética, con Federico García Lorca. Que é poesía? Lemos poemas, soñamos situacións, caemos en mundos imaxinarios. Pero onde empeza a poesía? A partir de cando dicimos que algo  é poético? “A poesía é algo que anda polas rúas. Que se move, que pasa ao noso lado. Todas as cousas teñen o seu misterio e a poesía é o misterio que teñen todas as cousas. Pásase xunto a un home, mírase a unha muller, adivíñase a marcha oblicua dun can e, en cada un destes obxectos humanos, está a poesía.[…]O principal  é dar coa chave da poesía.” Ao fala con Federico García Lorca: “A poesía é algo que anda pola rúa” .Entrevista de Felipe Morais, 1936) Mergúllense na poesía e véxana como García Lorca a viu. Penétrense nun  mundo difuso e empecen unha viaxe cara ao descubrimento da esencia da poesía. Para García Lorca, a poesía é algo que sempre está aquí, que anda ao noso lado. Algo que só quere ser descuberto, xa sexa a beleza dunha flor, o xogo de luz nunha botella de cristal ou as fendas nun vello zapato de coiro. O obxectivo do noso xardín é ensinar esta forma de interpretación de poesía e convertela nunha nova práctica. A práctica de tomar un momento para repousar e mirar as cousas atentamente. Quizais descubran a poesía na súa contorna, no seu veciño máis próximo… Mesmo, quizais, en si mesmos. Benvidos!

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

Patrocinador

EQUIPO:
ALM_A

 

PROCEDENCIA:
Italia e Alemaña

 


Anna Richter

Lioba Dörfel

Moritz Greiner

 

ALM_A é un equipo de estudantes de Paisajismo. Anna Richter procede de Italia e Lioba Dörfel e Moritz Greiner son de orixe alemá. O tres fóronse a Viena, Austria, para estudar na  Universidade de Recursos Naturais e Ciencias da Vida (BOKU), onde se coñeceron.“A poesía das cousas” é o primeiro proxecto que realizaron xuntos.