11- XARDÍN DE ARTE POP

Edición 2024 – Parcela 11

O concepto Pop Art Garden nace da interpretación do movemento artístico Pop, caracterizado por unha amálgama de formas, cores e texturas vibrantes emblemáticas da súa época. O cómic actúa como peza central para plasmar as estruturas e camiños do xardín, fusionándose con paletas vexetais de cores intensas que son distintivos deste movemento artístico.
O Pop Art tivo as súas raíces en Inglaterra na década de 1950, con Richard Hamilton como pioneiro, quen presentou a colaxe “Que é iso que fai aos fogares de agora tan diferentes e atractivos?”. A súa estética defínese mediante a representación da vida cotiá a través de carteis, materiais industriais e publicidade. O movemento trasladouse a Estados Unidos, alcanzando o seu apoxeo a finais da década de 1980.
O percorrido polo xardín comeza cunha cordial palabra de benvida nun globo de conversación clásico dos cómics, introducindo un relato breve sobre a historia deste movemento. Ao longo da narrativa, emerxen prominentes iconas artísticas como Andy Warhol e Keith Haring, quen se integra á paisaxe a través de fitos emblemáticos das súas obras, xerando un dinamismo na contorna.
As cadeiras amarelas presentes no xardín simbolizan a produción en masa de elementos de uso cotián, e a súa disposición repetitiva pretende lembrar a repetición de elementos na vida diaria.
Este espazo está deseñado para establecer unha conexión interactiva co espectador, permitíndolle mergullarse esteticamente en masas de cores vibrantes e gozar dunha experiencia visual única.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

EQUIPO:
Pop Art Team

PROCEDENCIA:
Madrid


MARÍA FLOR OTAZUA :
Actualmente realiza un máster de paisaxismo, aínda que tamén se adica á ilustración infantil. O seu amor polas plantas naceu dos seus primeiros anos que viviu en Venezuela, máis tarde en Inglaterra e Australia, onde viu a influencia destas en diferentes contornas.

FLOR BECERRA :
Son Flor Becerra, mexicana, estudo un Máster en Paisaxismo en Madrid e sinto un gran agarimo pola arquitectura e os xardíns. Son licenciada en Comercio Internacional polo ITESO, a miña alma mater, onde se vive todos os días entre xardíns, onde plantei unha árbore, un Laburnum anagyroides, xunto cunha das miñas mellores amigas. Despois dalgúns anos de terminar a etapa de estudo, regreso a ser estudante dun Máster que por algún tempo pensei en facer.

FABIÁN MONTECINOS REBOLLEDO :
Arquitecto chileno, apaixonado polas artes, o debuxo e a botánica. A súa conexión coa arte e o debuxo reflíctese na súa especialización en deseño paisaxístico. Cunha formación internacional, estudou en Alemaña e Estados Unidos. Dedicou a súa carreira a proxectos sociais e espazos públicos en Chile, buscando a harmonía entre estética, funcionalidade e a mellora da experiencia humana en contornas exteriores.