Entrenzado de palabras
Edición 2021 – Parcela 8

XARDÍN DOS CENTROS EDUCATIVOS- EN CONSTRUCIÓN
EQUIPO:
CEIP Padre Feijóo de Allariz e IES de Allariz
PROCEDENCIA:
Allariz
O deseño deste xardín foi realizado a partir dos deseños do alumnado do IES de Allariz André Estévez, Noa Fraga, Gabriela Domínguez, Ainara Nogueiras, Marta Pérez e Hugo Castro. O alumnado do CEIP Padre Feijoo interpretou catro poemas en cadanseu minimundo, cos que poderás xogar buscando as palabras que faltan seguindo as pistas que che dan.
O alumnado e o profesorado do CEIP Padre Feijoo e do IES de Allariz fixeron este xardín-poema con agarimo para Allariz, e para ti, que vés gozar del. Inspirámonos no baile tradicional do Entrenzado que se danza na vila para mesturar as artes do baile e da poesía nun rebumbio de cores e facer tamén unha sentida homenaxe á Xela Arias, poeta á que se adica o Día da Letras Galegas deste ano.
Un xardín é un poema.
Vinde ler con nós.
Probade as palabras
coma quen proba o pan,
coma quen bebe a auga fresca da fonte.
Gozade da cor.
Sentide o fresco
á luz da poesía,
o deslumbramento á sombra.
E xogade coma se
non houbese máis xoguetes que as flores
e fósemos outra vez,
para sempre nenos.