O XOGO CURA. MÁIS PARQUES E MENOS PANTALLAS.

Edición 2022 – Parcela 8

Durante os últimos meses estiveches moito na casa sentado ou sentada? Pois convidámoste a comezar a mudar os teus hábitos neste parque natural, xogas?

Durante decenas de miles de anos a especie humana evolucionou realizando unha actividade física intensa. Percorríanse grandes distancias na caza e na recolección; o noso corpo adaptouse para funcionar de xeito óptimo cunha actividade física forte. Porén, nos últimos anos, tanto adultos coma nenos e nenas, fixémonos extremadamente sedentarios e sedentarias, xa non temos que cazar nin andar a buscar alimentos, nen sequera os cultivamos coma os nosos avós e avoas que andaban seguido traballando nas veigas e hortas. Agora abrimos unha aplicación e aparecen os alimentos na porta da casa.

Este sedentarismo estámolo pagando coa saúde e empeorará. A pandemia incrementou este fenómeno dándolle aínda máis protagonismo ás pantallas: televisións, ordenadores, móbiles e videoxogos ocupan horas, demasiadas horas, no ocio da mocidade. É unha obriga das institucións públicas, nós coma centros escolares entre elas, velar pola saúde da cidadanía. Cremos que non hai nada mellor para coidar a saúde que a actividade física en espazos bonitos, con encanto, feitos con materiais naturais e reciclados, o XOGO AO AIRE LIBRE preserva a saúde.

Desde o IES de Allariz e o CEIP Padre Feijoo quixemos deseñar este pequeno espazo de xogo como unha semente para o que podería ser un parque en Allariz e noutros lugares con estas características, feito con materiais da natureza coma unha fraga máxica na que desde a seguridade, as crianzas poidan trepar, gabear, explorar, respirar aire puro e divertirse.

Os xogos deste bosque máxico foron feitos polo alumnado do CEIP Padre Feijoo e o deseño polo alumnado do IES de Allariz, agardamos que o desfrutedes e o xoguedes con saúde.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

Patrocinador

EQUIPO:

CEIP Padre Feijóo de Allariz e IES de Allariz

PROCEDENCIA:
Allariz