988 554 059

igualdade@allariz.gal

Benvidos e benvidas á Plataforma pola Convivencia! (24/11/2020)

Imagen Publicación

Benvidos e benvidas á Plataforma pola Convivencia!

Nesta primeira publicación queremos saudarte e convidarte a gozar deste novo proxecto que o Concello de Allariz pon en marcha.

Un proxecto que quere fortalecer a convivencia de veciños, mozos e vellos, mulleres e homes ... nas rúas e prazas, nas casas e nas escolas, no mercado e no río ...

Porque CONVIVIR significa vivir en compañía e dende esta plataforma queremos promover coñecemento, medios e recursos para que ESTAR CON OUTROS /AS sexa o máis agradable posible.

Como o imos facer?

1. Ofrecer periódicamente diferentes contidos que nos permiten pensar en múltiples formas de estar máis cómodos xuntos/as.

2. Apostar por formación en liña dirixida a familias, equipos profesionais e persoal municipal onde podemos atopar ferramentas para acompañar mellor (coidar?) os e as que son da nosa responsabilidade.

3. Reunir suxestións bibliográficas e audiovisuais sobre diferentes temas que nos axuden a percibir que a diversidade das persoas que habitan o concello é unha riqueza para gozar xuntos/as.

4. Lanzamento dun servizo de asesoramento en liña no que a mocidade poida suscitar curiosidades, dúbidas, inquedanzas, dificultades ... que xorden sobre esta aventura que vai de ser un suxeito sexuado/a en relación.

Agardamos que todo isto sexa do seu interese e se bota de menos algo, agradeceremos as súas suxestións.