988 554 059

igualdade@allariz.gal

Os sexos e a COVID-19 (18/03/2021)

Imagen Publicación

Os sexos e a COVID-19

Dixemos nalgunha ocasión, os sexos gústanse, búscanse e atópanse para estar a gusto xuntos.

Como gustarse  embozados en máscaras?
Como buscarse en tempos de restricións?
Como atoparse respectando a distancia social?
Como estar a gusto xuntos, instalados no temor de que o virus viaxe no alento do outro?  

Non parecen bos momentos para a erótica e a amatoria. Ou quizais é só que hai que estar máis atentos ca nunca ao que ofrecen outras vías que están por explorar.

Non poden ser as máscaras unha oportunidade para lanzar bicos,  lamerse os beizos ou sorrirse con  picardía nos lugares máis inesperados? 

Xogos de complicidade entre quen se desexa ocultos aosollos de todos e todas e, ao tempo, expostos aos ollos de calquera.

Non poden ser as restricións un novo escenario para quen goza ao pasearse polo fío que separa o permitido e o prohibido?

Canto saben os amantes das excitacións alimentadas polo xogo das transgresións!

Que interese demostra por min quen propón facerse a  PCR para acurtar as distancias?

Cada cal descobre que mostras de amor está disposto a poñer en xogo.