988 554 059

igualdade@allariz.gal

Diversidade e sexoloxia (11/06/2021)

Imagen Publicación

 

Neste mes de xuño, queremos celebrar a diversidade de formas de ser  sexuados que caracteriza á humanidade. Entre os diferentes obxectivos que ten esta plataforma virtual, figura o de contribuír a un mellor entendemento da nosa calidade sexuada e as súas consecuencias.

Para iso utilizamos as ideas e conceptos que nos brinda a  sexoloxía. Esta disciplina ofrécenos unha mirada na que a diversidade de formas de ser e expresarse contémplase como unha riqueza.

Esta mirada foi recollida xa no inicio do seu desenvolvemento como ciencia, cando no estudo do que entón se consideraban “alteracións”, expúxose que lonxe de ser a excepción, estas “alteracións” eran a norma, xa que cada persoa expresaba de maneira única e particular esta calidade de ser  sexuado.

Como consecuencia, a humanidade é un grupo heteroxéneo que se enriquece na medida que se cultivan e facilitan contextos nos que cada cal atopa posibilidades de expresarse e conducirse autenticamente como a persoa única e peculiar que está a ser.

Hoxe, animamos a todas as veciñas e veciños de Allariz a contribuír á construción colectiva destes espazos que favorecen unha convivencia máis enriquecedora.