988 554 059

igualdade@allariz.gal

O Concello de Allariz celebra a diversidade! (28/06/2021)

Imagen Publicación

O Concello de Allariz celebra a diversidade!

O próximo 28 de xuño volvemos ter a oportunidade de celebrar a diversidade da realidade  sexuada, de potenciar o seu cultivo considerándoa unha gran riqueza, de facer comunidade.

Este ano queremos lembrar a achega de varias xeracións de persoas que desde o movemento  lgtb contribuíron e seguen a contribuír a que cada vez se dea máis posibilidades para que cadaquén poida vivirse e relacionarse como mellor lle acomode; para que poidamos ter unha convivencia máis xusta e amable, máis acolledora e  gustosa.

Porque “Alguén, nalgún lugar.... comezouno todo”

Con este motivo  poñemos ao dispor da poboación allaricense unha serie de postais conmemorativas nos distintos departamentos municipais.  Anímate a ir buscalas !