988 554 059

igualdade@allariz.gal

Primeiro paso: pensar o sexo. (24/11/2020)

Imagen Publicación

Primeiro paso: pensar o sexo.

Facémonos eco desa precisa e preciosa suxerencia que nos fai Efigenio Amezúa ao longo de toda a súa obra: imos pensar o sexo.

Precisa porque a proposta é moi clara: ocuparse do sexo e de nada máis. Preciosa porque ten un gran valor: atreverse a pensar, marabilloso desafío.

Unha pista di Amezúa noutro momento, “...sucede que sexo, reprodución e pracer son tres ideas e non dúas. O sexo ten un fin: sexuar, ou sexa, facer sexuados/as aos suxeitos; a reprodución ten outro fin: reproducir, ou sexa, continuar a especie; e, finalmente, o pracer ten outro: gozar.”

Un propósito: Poder ir tirando deste fío para entendernos mellor como suxeitos sexuados/as e para poder gozar mellor das consecuencias que ten nas nosas casas, rúas e prazas.

Benvidos e benvidas á festa da convivencia!

Amezúa, Efigenio(2006) Sexologemas. Cuando los genitalia no dejan ver el sexo, Revista Española de Sexología, nº 135-136.