988 554 059

igualdade@allariz.gal

Somos corpo (09/03/2022)

Imagen Publicación

“A nosa pel é unha gran páxina en branco; o corpo, un libro. O tempo vai escribindo aos poucos a súa historia nas caras, nos brazos, nos ventres, nos sexos, nas pernas. Acabados de chegar ao mundo, imprímennos na tripa un gran “O”, o embigo. Despois, van aparecendo lentamente outras letras. As liñas da man. As pencas, como puntos aparte. As riscadas que deixan os médicos cando abren a carne e logo a cosen. Co paso dos anos, as cicatrices, as engurras, as manchas e as ramificacións varicosas trazan  sílabas que relatan unha vida”*

Esta bela metáfora ilustra como a nosa biografía, a nosa vida vivida, non é só aprendizaxes, experiencias, relacións... senón que tamén é corpo. Somos corpo e non podemos deixar de selo, e o corpo que somos vai sendo cotempo.

Algunhas etapas, como os dous primeiros anos de vida, a puberdade ou a menopausa, teñen ese título de tempos de cambio. Con todo, o cambio é continuo, como se recollen esas  liñas. Medramos, tropezamos, amamos, soñamos, bailamos, traballamos, gustamos...... tatuámonos, refrescámonos, operámonos, movémonos, embarazámonos, adestrámonos, cansamos.... sendo o corpo que somos. 

Somos corpo sexuado que se asemella a algúns e se diferencia doutros. Coas nosas  peculiares formas, as que permiten ao outro recoñecernos, as que provocan o seu desexo, as que acollen entre as liñas, ocos e curvas que o forman.


* Do libro O infinito nun xunco,  Vallejo, Irene. Edicións  Siruela, 2019.