988 554 059

igualdade@allariz.gal

III ESCOLA SEXOLÓXICA DE VERÁN - días 26, 27, 28 de agosto - ALLARIZ 2022 (20/04/2022)

Imagen Publicación

Aquí vai programa completo...

https://www.allariz.gal/xornal/a-iii-edicion-da-escola-sexoloxica-de-veran-de-allariz-celebrarase-entre-o-26-e-o-28-de-agosto/

III ESCOLA SEXOLÓXICA DE VERÁN -  días 26, 27, 28 de agosto - ALLARIZ 2022  

“ O COIDADO DOS SEXOS: DIÁLOGOS ENTRE A SAÚDE E A SEXOLOXÍA”

Co inicio da pandemia pola COVID-19, comeza un período no que os coidados colócanse nun primeiro plano. Por unha banda, queda patente a relevancia de todas esas “ocupacións esenciais” para que a vida poida seguir o seu curso, mesmo nunha situación tan excepcional. Por outro, tomamos conciencia da fraxilidade da nosa saúde, non só en termos corporais, senón tamén emocionais, mentais.

Nestes dous anos a necesidade de atención a quen somos e a como nos sentimos fronte á realidade que vivimos converteuse nun tema fundamental. A importancia de incluír na saúde aspectos que van máis aló das funcións corporais e as súas alteracións, é xa un acordo maioritario.

Neste sentido, a sexología pode achegar o seu coñecemento sobre un aspecto central na realidade dos seres humanos, a súa calidade sexuada: os seres humanos somos sexuados e non podemos deixar de selo. O que implica que este feito está presente nos momentos de enfermidade, de crise, de necesidade de atención e coidados.

Durante esta escola atenderemos tres aspectos: a comprensión, a intervención e os diálogos entre a saúde e a sexología.

Na COMPRENSIÓN, dende onde abordaremos as chaves que respondan á pregunta ¿Que significa ser sexuado e que consecuencias ten nos momentos de enfermidade?

Na INTERVENCIÓN, o como incorporar esta realidade sexuada á atención dos suxeitos. Nas dificuldades que xorden do feito mesmo de ser sexuados, é dicir, leas que teñen que ver coas súas identidades, desexos, relacións e proxectos. E tamén naqueles problemas que poden asomar na vida dos sexos, como por exemplo, o cancro de mama.

No DIÁLOGO, escoitaremos varios exemplos de profesionais que incorporaron as claves sexolóxicas na súa intervención profesional e as posibilidades que isto lles deu.

Ademáis teremos espazos para a celebración e o convivio...

Agardamos que sexa do teu interese e te animes a participar

Reserva a túa praza canto antes!

o aforo é limitado e o prezo da inscrición é de 40 E ata o 30 de xuño e de 50E do 1 ao 31 de xullo.

Se tes interese escríbenos a: fogardosmaiores@allariz.gal