988 554 059

igualdade@allariz.gal

Nunca pensei que namoraría dalguén así (14/12/2020)

Imagen Publicación

“Nunca pensei que namoraría dalguén así”, “Todo o mundo se sorprende de que unha muller coma ela sexa a miña parella”, “Prometinme a min mesma que non estaría nunca con alguén que se adicara a iso”.

Estas e outras expresións repítense en moitas relacións de parella. Sorprendémonos ao descubrírmonos namorados desa persoa. Ao darnos conta do a gusto que nos sentimos cando estamos xuntos. Do cómodos que estamos co home ou a muller que somos ao seu carón.

Impacta darse de conta de que a vontade non intervén nesta atracción, neste desexo de estar ao lado do outro. Aparece en nós, ás veces,pouco a pouco. En ocasións, de maneira desbordante. Pero nunca de xeito premeditado.

Si podemos decidir que facemos con iso. Se nos achegamos ou non, se o expresamos ou non. Cómpre considerar detidamente como o imos facer, en que momento e lugar. Pensar en mostrar de golpe todo o que sentimos ou dosificalo e así poder tantear primeiro cales son os sentimientos do outro.

Que nos fai sentirnos atraídos así?

Esta é unha boa pregunta. Unha pregunta de vello. Tanto como a experiencia humana da atracción polo outro, do estar en-amor-a-dous.

As respostas poden darse desde moitos lugares. A nós gústanos a que Platón puxo na boca de Aristófanes cando escribiu O Banquete. O que nos fai amar ao outro, o que nos atrae do outro é a súa particular maneira de ser sexuado, de ser muller, de ser home.

Amamos porque somos sexuados.

Alguén nos dixounha vez: “o que queredes dicir é que todo o mundo ten o seu público. Que ser atractivo non vai de ser guapo ou vestir dunha maneira concreta. Ser atractivo é provocar esa atracción en alguén pola túa peculiar maneira de ser e conducirte”.

Cremos que o resumiu bastante ben.