988 554 059

igualdade@allariz.gal

Falando de sexo coas crianzas (13/01/2021)

Imagen Publicación

Papá, se ti foses gai, serías feliz? Mamá, eu non penso ter parella nin fillos cando sexa maior.  Mami, queres ter un fillo comigo? Cando medre, caeráseme o pene e sairame unha  vulviña. Avó, déixame que che pinte as uñas! Vós estades casadas? Eu de maior quero ser  paleontólogo. Pois eu, peiteadora! Que noxo, por que nas películas sempre se teñen que dar un bico?! Vós facedes o amor? Podedes avisarme a próxima vez que o fagades? Avoa, ti tamén tes vulva coma min?

 

Estas, e outras moitas, son as preguntas e comentarios que as nenas e os nenos fan relacionadas co sexo. A maioría das persoas adultas que as reciben, desexan dar a mellor das respostas. Unha que sexa clara, adaptada a quen pregunta, baseada nunha información veraz, que non fomente os estereotipos nin favoreza o tabú.

 

As persoas adultas adoitamos tomar as preguntas sobre o sexo moi en serio. É posible que sintamos moita responsabilidade, que percibamos que as consecuencias de non estar á altura poidan facer dano ás nosas criaturas.

 

Atender as inquietudes e acompañar nos procesos con ese peso nos ombreiros non parece moi sinxelo. Sobre todo, cando as oportunidades que nais, pais, avoas, tíos... tivemos para entender o sexo non foron moitas.

 

Buscamos o modo de dar sentido a multitude de ideas que fomos colleitando naquelas clases soltas no instituto, nuns libros que alguén nos recomendou, nun documental da 2 ou unhas charlas que organizou a ANPA.

 

E ademais, transmitirlles os nosos valores a crianzas, facerlles chegar o que nos parece que é importante nas relacións cos demais, o que consideramos beneficioso para un mesmo, que pensamos que é o amor ou as razóns que deben guiar a decisión de ter un bebé.

 

Pero non é cil sentirse seguro ao responder cando nos preguntan: Se ti foses gai, serías feliz?

 

Se compartes estas inquedanzas, non deixes de escoitar o noso próximo podcast adicado a este tema.