Paraches a pensar algunha vez nos diferentes sentidos que ten a palabra sexo? Cantos significados distintos podes darlle ao adxectivo sexual? Algunha vez tiveches a sensación de que che faltan palabras para poder explicarte mellor ou que non terminas de entender ben a que se refiren?
Hai un xogo que adoitamos facer quen nos adicamos á educación sexual. Trátase de preguntar,nos grupos cos que traballamos, que palabras se relacionan con este substantivo, con SEXO.
Logo, agrupamos os resultados. O máis frecuente é atopar estes conxuntos:
Se nos detemos sobre isto, podemos sintetizalos ao redor de catro significados:
Se un substantivo pode ter significados tan distintos, resulta sorprendente que poidamos entendernos. Ou quizais ocorre que non nos entendemos tanto como cremos.
Que consecuencias está a traernos isto na nosa forma de entendernos a nós e aos demais, nas nosas relacións de parella e na convivencia de veciñas e veciños?
Esperamos que as entradas desta plataforma, as lecturas recomendadas que podes atopar e os podcast que iremos subindo, poidan axudar a entendernos cada vez mellor.