Concurso Escaparates de Nadal

Bases de participación

O Peto dos Desexos

Merca no comercio local e participa no sorteo do Peto dos Desexos

Decoracións de nadal

Decoracións navideñas en diferentes localizacións da Vila de Allariz

Programación de Nadal

Música, Teatro, Monólogos, Deporte, Obradoiros,… e moito máis

LOCALIZACIÓNS DE NADAL

PROGRAMACIÓN DE NADAL 2025

BASES DO CONCURSO DE ESCAPARATES

PETO DOS DESEXOS

BASES DO SORTEO

“O PETO DOS DESEXOS”

    1. Organización – Contacto

    O Concello de Allariz, con CIF P3200200H, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Comercio organiza, dentro da programación do Nadal 2024, o sorteo Peto Dos Desexos.

    Contacto: Centro de Promoción Económica, rúa O Portelo 4, 2º. Teléfono 988 442 210.
    Email:  comercio@allariz.gal

    1. Obxecto

    Coa fin de promover o comercio local ademais de premiar as persoas que merquen en Allariz durante a campaña de Nadal 2025.

    1. Ámbito territorial

    O ámbito territorial deste sorteo será todo o comercio e a hostalería do termo municipal de Allariz a excepción cadeas de supermercados e gasolinera.

    1. Condicións para participar

    Poderán participar no sorteo do Peto dos Desexos toda persoa MAIOR DE IDADE que realice unha compra ou varias por valor mínimo de 30€ nun establecemento comercial ou hostaleiro de Allariz (durante os días do 5  de decembro de 2025 ata o 6 de xaneiro de 2026 , ambos incluídos).

    Os tíquets de compra deberán ser grampados á tarxeta específica do sorteo e depositada nun dos Petos dos desexos, localizados no alto do Portelo e ao carón da Oficina de Turismo, na Alameda.

    As tarxetas estarán dispoñibles nos comercios e aloxamentos de Allariz e deberán ser cumprimentadas cos seguintes datos (nome e apelidos, DNI, teléfono e procedencia da persoa participante) .

    • Restricións de participación.

    Non poderán participar nin comerciantes nin hostaleiros/as de Allariz participantes na campaña con tíquets do seu propio local. No caso de ser así o premio non será entregado e pasará a un reserva.

    1. Premios
    • 1000€ repartidos en dous premios de 250€ e cinco premios de 100€.
      • Todos os premios deberán gastarse no Comercio e na Hostalería Local, agás nas cadeas de supermercados e gasolineras.
      • Os premios do Peto dos Desexos serán nominativos e soamente se pode optar a un premio por persoa. No caso de saír a mesma persoa para dous premios pasarase a persoa de reserva.
    1. Sorteo

    O sorteo do Peto dos Desexos realizarase o día 9 de xaneiro de 2026, ás 11:30 horas diante do Peto dos Desexos localizado no Alto do Portelo, nunha das decoracións de Nadal.