O Peto dos Desexos

Merca no comercio local e participa no sorteo do Peto dos Desexos

Programación de Nadal

Música, Teatro, Monólogos, Deporte, Obradoiros,… e moito máis

Decoracións de nadal

Decoracións navideñas en diferentes localizacións da Vila de Allariz

Programa de Actividades de Nadal

PETO DOS DESEXOS

BASES DO SORTEO

“O PETO DOS DESEXOS”

    1. Organización – Contacto

    O Concello de Allariz, con CIF P3200200H, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Comercio organiza, dentro da programación do Nadal 2023, o sorteo Peto Dos Desexos.

    Contacto: Centro de Promoción Económica, rúa O Portelo 4, 2º. Teléfono 988 442 210.
    Email:  comercio@allariz.gal

    1. Obxecto

    Coa fin de promover o comercio local ademais de premiar as persoas que merquen en Allariz durante a campaña de Nadal 2023.

    1. Ámbito territorial

    O ámbito territorial deste sorteo será todo o comercio e a hostalería do termo municipal de Allariz a excepción cadeas de supermercados.

    1. Condicións para participar

    Poderán participar no sorteo do Peto dos Desexos toda persoa MAIOR DE IDADE que realice unha compra ou varias por valor mínimo de 30€ nun establecemento comercial ou hostaleiro de Allariz (durante os días do 1 de decembro de 2023 ata o 6 de xaneiro de 2024 , ambos incluídos).

    Os tíquets de compra deberán ser grampados á tarxeta específica do sorteo e depositada nun dos Petos dos desexos, localizados no alto do Portelo e ao carón da Oficina de Turismo, na Alameda.

    As tarxetas estarán dispoñibles nos comercios e aloxamentos de Allariz e deberán ser cumprimentadas cos seguintes datos (nome e apelidos, DNI, teléfono e procedencia da persoa participante) .

    • Restricións de participación.

    Non poderán participar nin comerciantes nin hostaleiros/as de Allariz participantes na campaña con tíquets do seu propio local. No caso de ser así o premio non será entregado e pasará a un reserva.

    1. Premios
    • 1000€ repartidos en dous premios de 250€ e cinco premios de 100€.
      • Todos os premios deberán gastarse no Comercio e na Hostalería Local, agás nas cadeas de supermercados e gasolineras.
      • Os premios do Peto dos Desexos serán nominativos e soamente se pode optar a un premio por persoa. No caso de saír a mesma persoa para dous premios pasarase a persoa de reserva.
    1. Sorteo

    O sorteo do Peto dos Desexos realizarase o día 8 de xaneiro de 2024, ás 11:00 horas diante do Peto dos Desexos localizado no Alto do Portelo, nunha das decoracións de Nadal.