O Concello de Allariz abre a convocatoria para unha nova edición da “Semana Santa ao Vivo”

A Área de Promoción Económica do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para os artistas que queiran participar na programación cultural de Semana Santa ao Vivo 2026, unha iniciativa xa consolidada no calendario local que ten como obxectivo dinamizar as rúas do casco histórico e ofrecer unha experiencia cultural de calidade tanto á veciñanza como ás miles de persoas visitantes que recibe Allariz durante estas datas.

Un escenario aberto a múltiples disciplinas

A convocatoria está dirixida a propostas artísticas pensadas para o espazo público, abranguendo distintos estilos musicais e disciplinas como a danza, a maxia, o humor ou o teatro. Poderán presentarse solistas ou dúos, maiores de idade, tanto afeccionados como semi-profesionais. Como requisito indispensable, as persoas participantes deberán contar con entidade xurídica ou social acreditada. As actuacións seleccionadas desenvolveranse entre os días 2 e 5 de abril de 2026, en horario de mañá (de 12:00 a 14:00 h) e de tarde (de 18:00 a 20:00 h).

Inscricións e proceso de selección

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 5 ao 27 de febreiro de 2026 e deberá realizarse en dous pasos obrigatorios:
  1. Rexistro oficial, mediante instancia xeral a través da Sede Electrónica do Concello de Allariz ou de forma presencial.
  2. Envío de documentación, remitindo ao correo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.gal o xustificante do rexistro, o formulario debidamente cuberto e material gráfico e audiovisual (dúas fotografías e dous vídeos).
A organización valorará as propostas segundo criterios de calidade artística, profesionalidade e pluralidade, e comunicará a resolución da selección o día 6 de marzo de 2026. As persoas interesadas poden consultar as bases de participación para obter máis información no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Allariz.
Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.