O Concello de Allariz abre o prazo para inscribirse no programa “Concilia Verán 2025”

O Concello de Allariz abre o prazo para inscribirse no programa “Concilia Verán 2025”, que ofrece apoio ás familias para facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar durante o verán. O prazo de presentación de solicitudes é do 13 ao 23 de maio, e as solicitudes poden ser tramitadas a través dos Servizos Sociais Comunitarios, no Fogar dos Maiores, situado na rúa A Barreira, 3.

Para obter máis información ou resolver dúbidas, as familias interesadas poden contactar ao teléfono 988 55 40 59 ou enviar un correo electrónico ao fogardosmaiores@allariz.gal. Tamén poden consultar toda a información a través da web oficial do Concello de Allariz no seguinte enlace: https://www.allariz.gal/administracion/concilia-veran/.

A iniciativa ofrece actividades lúdicas e ao aire libre para nenos e nenas, creando un ambiente seguro e educativo durante as vacacións escolares.

Este programa está promovido polo Concello de Allariz, co apoio da Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social e Igualdade, o programa Corresponsables e o Ministerio de Igualdade.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.