O Concello de Allariz abre o prazo para o pago do IBI 2026 o vindeiro 4 de maio

  • O período voluntario para o abono dos recibos de natureza urbana e rústica prolongarase ata o 4 de setembro.

  • O Concello facilita o pago telemático a través da súa pasarela tributaria e mantén a atención presencial para consultas de 9:00 a 14:00 horas.

O Concello de Allariz informa da apertura do período de cobranza dos recibos correspondentes ao Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana (I.B.I.U.) e de Natureza Rústica (I.B.I.R.) para o presente exercicio 2026. Segundo o bando oficial os veciños e veciñas poderán realizar o pago dende o vindeiro luns, 4 de maio, ata o 4 de setembro, ambos os dous inclusive.

Co obxectivo de facilitar os trámites á cidadanía, a administración local mantén diversas canles para a xestión e o abono dos tributos:

Consulta de datos e atención presencial Os padróns e listas cobratorias estarán expostos para a súa consulta na planta baixa da Casa do Concello (Praza Maior, 1). O horario de atención ao público será de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00 horas.

Modalidades de pago

  • Recibos domiciliados: Aqueles contribuíntes que teñan o pago domiciliado non precisan realizar ningún trámite, xa que recibirán o xustificante bancario directamente nas súas contas.

  • Recibos non domiciliados: Recibirán o documento de pago no seu domicilio para presentalo nas entidades bancarias colaboradoras. No caso de non recibilo ou de extravío, pode solicitarse un duplicado nas oficinas municipais.

  • Vía telemática e outras opcións: O pago poderá realizarse a través de internet na pasarela de pagos oficial (https://www.allariz.gal/admin/tributos-municipais/) ou mediante xiro postal en calquera oficina de Correos.

Importancia dos prazos Dende o departamento de Tesourería lémbrase que o cumprimento dos prazos evita custos engadidos para os contribuíntes. Unha vez finalizado o período voluntario o 4 de setembro, os recibos pendentes incorrerán de forma automática en recargas de apremo de entre o 5% e o 20%, segundo o establecido na Lei Xeral Tributaria.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.