-
A proba, disputada na modalidade sprint, acollerá a un máximo de 150 participantes entre a categoría xeral e as prazas reservadas para deportistas locais.
-
As inscricións abriranse do 1 ao 17 de agosto a través da web da Federación Galega de Tríatlon.
O Concello de Allariz, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, organiza unha nova edición do Tríatlon de Allariz, que se celebrará o próximo sábado 22 de agosto a partir das 18:00 horas.
Esta XXXIV edición disputarase na modalidade sprint e incluirá un percorrido de 750 metros de natación, 24 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé. A participación estará limitada a 125 deportistas na categoría xeral, aos que se sumarán 25 prazas reservadas pola organización para persoas empadroadas no municipio.
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 17 de agosto, ou ata esgotar as prazas dispoñibles. A tramitación xeral realizaráse a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon (www.fegatri.org). A proba está aberta tanto a deportistas federados como non federados, quen deberán tramitar a licenza dun día correspondente. Pola súa banda, os deportistas locais interesados en acceder ás prazas reservadas deberán solicitar a súa inscrición enviando un correo electrónico a deportes@allariz.gal.
A xornada do 22 de agosto comezará coa recollida de dorsais, que terá lugar entre as 16:30 e as 17:30 horas na Alameda de Allariz, e continuará co control de material e a reunión técnica previa ao inicio da competición. Para máis información, as persoa interesadas poden consultar a web da federación ou contactar co departamento de deportes municipal.