O Concello de Allariz mellora a comunicación e a accesibilidade coa instalación de paneis dixitais

O Concello de Allariz avanza na modernización da súa infraestrutura pública cunha nova iniciativa pensada para mellorar a comunicación e facilitar o acceso á información para a veciñanza e as persoas visitantes. A instalación de dous MUPIs (Módulos de Información de Puntos de Interese) publicitarios dixitais situados en puntos clave da vila, na zona alta e baixa, permitirá ofrecer unha información máis áxil, interactiva e actualizada.

A actuación está financiada con fondos da Unión Europea a través do programa Next Generation EU, no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Este proxecto representa un importante paso cara á modernización da infraestrutura urbana e á mellora da calidade dos servizos ofrecidos á cidadanía.
Os novos paneis dixitais supoñen unha mellora significativa na comunicación pública, ofrecendo contidos interactivos e multimedia, como vídeos, imaxes e mapas, que facilitan unha interacción máis dinámica e atractiva tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes. A información será actualizada en tempo real sen a necesidade de intervención física, o que asegura que os datos que se proporcionen sexan sempre os máis recentes e relevantes.

Ademais, a utilización destes paneis dixitais permite reducir a xeración de residuos asociados á impresión de materiais, contribuíndo á sostibilidade e ao coidado do medio ambiente. A modernización tamén se percibe no espazo público, onde a instalación dos paneis contribúe a renovar a imaxe dos espazos urbanos, facendo que Allariz se perciba como un lugar máis moderno e accesible.

A alcaldesa Cristina Cid, acompañada por parte do goberno local e do persoal da oficina de información, realizou unha visita para comprobar o funcionamento dos MUPIs. Durante a visita constatáronse os beneficios da nova tecnoloxía implementada, que mellorará a conexión e a accesibilidade para a veciñanza e as persoas que se achegan ao municipio.
Con esta nova iniciativa, Allariz avanza cara a un futuro máis tecnolóxico e accesible, mellorando a calidade de vida da súa cidadanía e facendo que tanto a veciñanza como as persoas visitantes poidan desfrutar dunha mellor experiencia e conexión co seu entorno.

Esta actuación forma parte do PSTD Allariz Destino Sostible que está financiado con recursos provintes do PRTR, Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no desenvolvemento das actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.