O Concello de Allariz organiza o 2º Trail Vila de Allariz, que se celebrará o próximo 17 de setembro.
No día de hoxe a alcaldesa de Allariz Cristina Cid, o concelleiro de deporte s Carlos Puga e os técnicos da área de deportes Roberto Naranjo e Javier López presentarón a segunda edición do Trail Vila de Allariz, que se celebrará o vindeiro 17 de setembro, domingo.
A saída será ás 9:00h da mañá, dende o Campo de Vilanova (piscina municipal) para a distancia de 30km (Trail Longo), ás 10:00h da mañá será o turno da saída do Trail Curto e Andaina (15km). E ás 11:00h darase a saída do Minitraill e MiniAndaina de 8,5km.
O trail longo (30km) e o curto (15km), serán puntuables para o campeonato provincial de Trail. As demais probas non serán competitivas.
As inscricións realizaranse en https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/ii-trail-vila-de-allariz ou na APP SAUDETER LIVE, dispoñible en Play store ou na APP Store, dende o 14 de Agosto ata o 12 de setembro de 2023, e o custo será de 18 € para os trail e de 12 € para a Andaina e o MiniTrail.
Na proba poderán participar todas aquelas persoas con 16 anos feitos o día da proba. Os menores de idade deberán presentar unha autorización paterna obrigatoriamente no momento da inscrición.
A saída e meta será no Campo de Vilanova (piscinas municipais), donde haberá servizo de gardarroupa e de duchas.
Todas as persoas que participen deberán pasar obrigatoriamente pola zona de saída para o control de dorsal onde se lle fará entrega dunha camiseta conmemorativa.
Os dorsais poderán recollerse o xoves 14 e o venres 15 de setembro de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas e o sábado 16 de 9:00 a 13:30 horas na piscina municipal de Allariz. E o propio día da proba , na zona habilitada unha hora antes da saída de 8:00 a 8:50.
O percorrido será polos montes que rodean o núcleo de Allariz, beiras do Arnoia e Reserva da Biosfera, así como tamén polo casco urbano da mesma.
O longo do percorrido haberá avituallamento líquido e o remate pinchos.
Ademais faranse para os pequechos ata 6 anos inclusive unha carreira de 50 m na que os país poden acompañar aos menores durante o percorrido, estas inscricións na categoría de menores NON SE REALIZARÁN a través da plataforma online, faranse enviando un email a piscina@allariz.gal ou presencial ou por teléfono na piscina municipal 988442083, indicando os datos do menor e do pai: Nome, Data Nacemento, DNI, Teléfono e Email
Comentarios recientes