O Concello de Allariz presenta a IX Feira dos Produtos Apícolas que se celebrará o 12 de setembro

  • A Praza do Matadoiro acollerá unha xornada completa con obradoiros, charlas divulgativas, espectáculos e degustacións de produtos locais.
  • Na rolda de prensa de hoxe participaron os concelleiros Bernardo Varela e María López, xunto a Antonio García e Afonso Vasalo en representación da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

O Concello de Allariz acollerá o vindeiro sábado, 12 de setembro, a IX Feira dos Produtos Apícolas, unha cita xa consolidada no calendario municipal que ten como obxectivo promover o sector apícola, poñer en valor o mel e os seus derivados e concienciar sobre a importancia das abellas no noso ecosistema.

Na presentación oficial celebrada hoxe participaron Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente; María López, concelleira de Promoción Económica; e Antonio García e Afonso Vasalo, apicultores e membros da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

Durante o acto, os representantes municipais e de AGA destacaron a relevancia de seguir apoiando o produto local de calidade e de ofrecer espazos de divulgación e lecer para toda a veñanza e visitantes.

Programación da Feira

A feira desenvolverase na Praza do Matadoiro en horario continuado de 10:00 a 20:00 horas, co seguinte programa de actividades:

  • Mañá:
    • 10:00h: Apertura da Feira.
    • 12:00h: Obradoiro «Tres en raia apícola», impartido por Marga Miguens. (Para acudir ao obradoiro requírese inscrición previa no correo: alacenadoulla@hotmail.com).
  • Tarde:
    • 16:00h: «Introdución á apicultura», por Joaquín Lozano.
    • 18:00h: Espectáculo «Unha noite no muíño…», a cargo de A Trastenda dos Contos.
    • 19:00h: Charla-degustación de queixo e mel, por Alberto Fernández.
    • 20:00h: Sorteo de dúas cestas con produtos da Feira e clausura.

Desde o Concello de Allariz fáiselles un convite a todas as persoas interesadas a achegarse o vindeiro 12 de setembro para gozar dunha xornada divulgativa e festiva ao redor da apicultura.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.