O teu Concello
Benvida
Allariz é un lugar cheo de historia, de tradicións e de vida. Dende hai xa moitos anos, esforzámonos por poñer en valor todo o que somos: os nosos territorios e a riqueza natural, facendo que o noso concello sexa un lugar agradable para vivir, desenvolver proxectos e visitar. Apostamos pola calidade de vida, polo respecto ao medio ambiente e por un modelo de desenvolvemento pensado para as persoas.
Un dos maiores tesouros que temos é o noso patrimonio. Non só o arquitectónico e natural, que coidamos con moito agarimo, senón tamén o patrimonio humano: as persoas que manteñen vivas as nosas tradicións, os oficios, a cultura e a memoria colectiva. Todo iso forma parte da identidade de Allariz e dálle sentido ao que somos hoxe.
A través dos nosos museos, das festas populares, dos espazos culturais e da participación da veciñanza, seguimos transmitindo e celebrando esa riqueza cultural que nos fai únicos.
Seguimos avanzando, tamén a través das novas tecnoloxías, para facer que o Concello estea máis preto da cidadanía. Esta web é unha ferramenta para informar, facilitar xestións e dar a coñecer todo o que acontece en Allariz.
Queremos escoitarvos e contar convosco. Allariz constrúese coa colaboración de todas e todos, día a día, con ilusión e compromiso.
➥ Queres falar co concello?
Estimado veciñ@ ou usuari@, para comunicarte coa alcaldesa podes empregar o formulario de contacto da páxina web facendo click aquí.
Unha vez recibida a túa consulta, porémonos en contacto contigo o antes posible.
É importante que nos deixes un enderezo de correo electrónico ou ben o teléfono para poder, así, comunicarche a miña resposta.
Gracias de antemán por usar este servizo.
Pleno do Concello
O Pleno do Concello de Allariz é o órgano de expresión e debate da política municipal e de adopción de acordos en materias da súa competencia, especialmente os orzamentos, as ordenanzas e regulamentos municipais ou instrumentos de planificación urbanística como o PXOM. Está formado pola Alcaldía e os concelleiros e concelleiras.
O Pleno da Corporación celebrará sesións ordinarias mensuais, o último venres do mes coa excepción de agosto e decembro. De coincidir en día festivo, a sesión trasladarase ao seguinte día hábil.
Establécese como sede para a realización de todas as sesións plenarias o Salón de Plenos da Casa do Concello, situado na Praza Maior.
Radio Allariz emitirá, en directo, todas as sesións na canle de Radio Televisión Allariz en YouTube.
- María Cristina Cid Fernández, Alcaldesa
- Bernardo Varela López
- María López Rodríguez
- Iago Santás López
- Tania Álvarez Ayán
- Alberto Conde Rodríguez
- María Isabel Poisa Rey
- Juan Carlos Puga Martínez
- Javier Díaz Cid
- José Daniel Rodicio Pérez
- José Benito Grande Rodríguez
- Miguel Ángel Rodríguez Rodríguez
- María Elena Peaguda Domínguez
Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno Local é o órgano que, baixo a presidencia da Alcaldía, colabora de forma colexiada na función de dirección política e exerce as funcións executivas e administrativas atribuídas polas leis.
Composición da Xunta de Goberno Local:
Alcaldesa Presidenta María Cristina Cid Fernández
Vogais (Concelleiros e Concelleiras) Bernardo Varela López María López Rodríguez Alberto Conde Rodríguez
Secretaría Marta Cajide Barbeito
A Xunta de Goberno Local reúnese o segundo martes de cada mes, a excepción de agosto, na Casa do Concello.
Membros da Xunta de Goberno Local:
- Alcaldesa Presidenta
María Cristina Cid Fernández - Concelleiros/as
Bernardo Varela López
María López Rodríguez
Alberto Conde Rodríguez - Secretaria
Marta Cajide Barbeito
A Xunta de Goberno Local reúnese o segundo martes de cada mes, a excepción do mes de agosto, na Casa do Concello.
Áreas e delegacións
Alcaldía e Concellería de obras, Facenda e Policía Local
Responsable: Mª Cristina Cid Fernández ( Alcaldesa )
Que servizos e funcións dependen desta concellería?
- Obras
- Facenda
- Policía Local
- Fundación Ramón González Ferreiro
Concellería de Medio Ambiente e Servizos
Responsable: Bernardo Varela López (1º Tenente de Alcalde)
Que servizos e funcións dependen desta concellería?
- Medialsa
- Parques e Xardíns
- Limpeza Viaria
- Recollida de Lixo
- Servicio de Auga e Saneamento
- Grupo Municipal de Intervención Rápida
- Grupo Municipal contra Incendios
- Cemiterio Municipal
Concellería de Promoción Económica, Turismo e Comercio
Responsable: María López Rodríguez (2ª Tenente de Alcaldía)
Que servizos e funcións dependen desta concellería?
- Promoción Económica
- Programa AGADER
- Organización de Feiras e Mercados
- Turismo e Comercio
- Oficina Municipal de Información
- Formación e Emprego
Concellería de Cultura, Museos e Persoal
Responsable: Alberto Conde Rodríguez
Que servizos e funcións dependen desta concellería?
- Casa da Cultura
- Parque Etnográfico
- Fundación Vicente Risco
- Persoal
Concellería de Mocidade, Infancia e Voluntariado
Responsable: Iago Santás López
Que servizos e funcións dependen desta concellería?
- Mocidade (Casa da Mocidade)
- Infancia
- Voluntariado
Concellería de Benestar Social
Responsable: Tania Álvarez Ayán
Que servizos e funcións dependen desta concellería?
- Servizos sociais
- Servizo de axuda no fogar – SAF
- Xantar sobre Rodas
- Igualdade
- Desenvolvemento e dinamización rural: asociacións veciñais
- Servizo de educación e apoio familiar. SEAF
- Educación Social. Programa de envellecemento activo.
- Aula de Espera
- Concilia Verán
- Fogar dos Maiores
Concellería de Ensino e Normalización lingüística
Responsable: María Isabel Poisa Rey
Que servizos e funcións dependen desta concellería?
- Servizo de normalización lingüística
- Relación e representación cos Centros Educativos
Concellería de Deportes e Eficiencia Enerxética
Responsable: Juan Carlos Puga Martínez
Que servizos e funcións dependen desta concellería?
- Deportes
- Infraestruturas deportivas
- Alumeado público
Concellería de Urbanismo
Responsable: Javier Díaz Cid
Que servizos e funcións dependen desta concellería?
- Urbanismo – Oficina de Rehabilitación
Que precisas?
Gabinete de Prensa do Concello
- 988 442 210
- comunicacion@allariz.gal
- Rúa do Portelo, 4, 2º andar