Peche temporal da Acearrica

O Concello de Allariz informa de que a zona da Acearrica permanecerá pechada temporalmente dende o luns 15 de xuño para realizar traballos de retirada de varias árbores que, segundo os informes técnicos realizados, presentan risco para a seguridade neste espazo.
A época escollida vén determinada pola tramitación dos permisos e co fin de evitar os maiores danos que se producirían no espazo candos o terreo está máis húmido, polo paso de maquinaria pesada. 
Trátase dunha actuación preventiva que ten como único obxectivo garantir a seguridade da veciñanza e das persoas visitantes, así como contribuír á mellora e conservación deste entorno natural.
Os traballos realizaranse coa maior rapidez posible para minimizar as molestias, estímase que terán unha duración de 3 días, e o espazo será aberto ao público á máxima brevidade unha vez finalizadas as actuacións.
As persoas interesadas poden consultar o estudo técnico que fundamenta esta actuación na seguinte ligazón:


Agradecemos a comprensión e colaboración da cidadanía.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.