Preto de 3.000 persoas xa visitaron a XV edición do Festival de Xardíns de Allariz, que este ano aposta polo cambio climático como oportunidade

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) reafirma o seu impacto e capacidade de atracción: desde a súa apertura o pasado 17 de maio, preto de 3.000 persoas xa se achegaron ao recinto para coñecer de primeira man a proposta da súa décimo quinta edición. Un dato que consolida o FIXA como unha cita de referencia no panorama paisaxístico e cultural, e que reflicte o interese crecente por iniciativas que combinan arte, natureza e conciencia ambiental.

Baixo o lema “O cambio climático: unha oportunidade para o xardín”, a edición deste ano propón unha reflexión profunda sobre o papel dos espazos verdes fronte á emerxencia climática. Os xardíns presentados convidan á acción, á esperanza e á transformación, facendo do deseño paisaxístico unha ferramenta de diálogo co medio.

O recinto permanecerá aberto ata o 31 de outubro, ofrecendo a visitantes e profesionais unha experiencia única que mestura creatividade, sostibilidade e compromiso.

Con quince edicións ás costas, o FIXA segue a ser o único festival destas características en todo o Estado, e continúa a medrar como referente para especialistas do sector, público xeral e como un dos grandes atractivos turísticos de Allariz.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.