Visitas ó Festival de Xardíns
O Festival Internacional de Xardíns é un espazo ubicado á beira do río Arnoia, cunha superficie de 12.500 m2. A tempada de apertura vai dende o 17 de maio ao 31 de outubro e no seu interior pódense contemplar zonas axardinadas e espazos de lecer que permanecen iguais tódolos anos, pero tamén hai 12 xardíns que se renovan cada tempada en función do tema elexido para cada ano e son deseñados cada un deles por un paisaxista internacional diferente.
A visita convértese nun agradable percorrido no que veremos xardíns moi orixinais, escoitaremos o son da auga no seu percorrido cara o río e descubriremos agradables recunchos cheos de paz.
Cabalos
Posibilidade de entrar en contacto co mundo da equitación, montando en picadeiro ou recibindo clases de hípica.
Cabalos
| PREZO | |
| Cabalos/poni ata 30 pax | 85,00€ |
| Cabalos/poni ata 50 pax | 125,00€ |
Estadías con pensión completa
Inclúen p. c., aloxamento, cabalos, Festival de Xardíns e actividades dentro das instalacións.
| ALOXADOS EN BUNGALÓS | ALOXADOS EN CAMPING | ||
| 2 días / 1 noite | desde 79,00€ | 2 días / 1 noite | desde 70,00€ |
| 3 días / 2 noites | desde 147,00€ | 3 días / 2 noites | desde 135,00€ |

