Oficinas 988 442 006 Cafetería 988 442 248 reatur@allariz.gal

Normas COVID-19

Aforo interior cafetería: 50 pax.

Terrazas cafetería: 57 pax. (entre as dúas terrazas)

Bungalós:33 pax.

Camping: 114 pax.

POLA SÚA SEGURIDADE, POLA NOSA SEGURIDADE

                Debido á nova situación que estamos a vivir,  atopámonos nunha nova realidade na que debemos  adoitar novas costumes e hábitos.

                 Esta nova realidade afecta tamén ás nosas instalacións e é por iso que queremos informalo das novidades:

 

CAMPING

 

1.-RESPECTE O AFORO QUE ESTÁ INDICADO EN CADA INSTALACIÓN.

2.- Á hora de ACCEDER aos distintos edificios, por favor GARDE A DISTANCIA DE SEGURIDADE. Se o aforo está completo por favor agarde no exterior.

3.- É OBRIGATORIO O USO DE MASCARILLA DENTRO DOS EDIFICIOS. Á entrada de  cada unha das instalacións de servizos do camping (baños, lavadeiros, fregadeiros, lavandería, cafetería…) atoparán XEL DESINFECTANTE e unha ALFOMBRILLA CON  LÍQUIDO VIRUCIDA  onde desinfectar os pes. Por favor, EMPRÉGUENOS CADA VEZ QUE ENTREN.

4.- É OBRIGATORIO o uso de chanclas para o USAR AS DUCHAS.

5.- Procure acceder aos baños co menor número de obxectos posible. Íspase e vístase dentro da ducha. Se hai xente agardando para entrar, AXILICE O ASEO PERSOAL tentando estar na instalación o menor tempo posible.

6.-  Cando CAMIÑE POLOS CORREDORES DO CAMPING (nunca polas parcelas aínda que non estén ocupadas) MANTEÑA A DISTANCIA DE SEGURIDADE, se non é posible, empregue mascarilla.

7.- EVITE na medida do posible ACUDIR A RECEPCIÓN, se precisa axuda ou información   CHAME AO NÚMERO: 988 44 01 26.

8.-  WIFI:  o nome da wifi é: CAFETERIA , e a súa contrasinal: cafeteriacamping. Para poder acceder a este servizo deberá  achegarse a cafetería  xa que a wifi non chega a todo o camping. Por favor non eternice a súa estadía  neste lugar especialmente se hai xente agardando.

9.- Dispomos de mascarillas en recepción. Prezo: 0,50€.

CAFETERÍA

10.- Para comidas ou ceas, PREFERENTEMENTE RESERVE CON ANTELACIÓN (Tlfno.: 988 44 22 48).  Identifíquese á súa chegada e AGARDE A QUE LLE INDIQUEN ONDE SENTARSE.