Semana Santa ao Vivo de Allariz

Do 17 ao 20 de abril de 2025, as rúas do casco histórico de Allariz converteranse nun escenario vibrante onde a arte e a cultura cobrarán vida. Semana Santa ao Vivo é un proxecto que combina tradición e modernidade, achegando música en directo, danza, maxia, teatro e outras expresións artísticas ao corazón da vila, para que veciños, veciñas e visitantes gocen dunha experiencia única.

Se es artista e queres participar, o prazo de inscrición estará aberto do 3 de febreiro ao 3 de marzo ás 14:00 h. A inscrición pode realizarse a través da Sede Electrónica do Concello de Allariz ou de maneira presencial nas dependencias municipais por rexistro.

As bases de participación están dispoñibles para consulta no taboleiro de anuncios da  Sede Electrónica.