Esta semana, Emerxencias Allariz e voluntarios do grupo de Protección Civil de Allariz, percorreron todos os núcleos de poboación de Allariz repartindo carteis con teléfonos de interese para os/as veciños/as.
Nesta lista poden atoparse os teléfonos do Concello de Allariz, como Emerxencias, Policía Local, Casa do Concello e Servizos Socias. Nesta relación atoparán outros teléfonos como o da Garda Civil, Centro de Saúde, Información sobre o Coronavirus, etc.
Ademais Radio Allariz está a facer informativos especiais na súa frecuencia na 107.2FM con toda a información para que chegue a máis veciños e veciñas.