REGULAMENTO 1º TRAIL DE ALLARIZ

1. ORGANIZACIÓN:

O Concello de Allariz organiza o 1º Trail de Allariz, que se celebrará o próximo 25 de setembro en Allariz con saída ás 9:00 na distancia de media maratón e ás 9:30 na distancia corta de 13,6 km.

2. PARTICIPANTES:

Na proba poderán participar todas aquelas persoas con 16 anos feitos o día da proba, os menores de idade deberán presentar unha autorización paterna obrigatoriamente no momento da inscrición, ao final do regulamento.

3. CATEGORÍAS E PREMIOS:

SENIOR (mulleres e homes) de 16 a 44 anos

MASTER(mulleres e homes) maiores de 45 anos.

Tanto na distancia de media maratón como na curta entregaranse trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento.

Ademais, haberá un agasallo para cada un das persoas participantes.

4. INSCRICIÓNS:

As inscricións realizaranse a través da web: sportmaniacs.com ou na APP SAUDETER LIVE, dispoñible en Play store e en APP Store.

Fecha limite: Ata o 1 de setembro de 2022 as 23:59h.

Custo da proba 17€

Non existen políticas de devolución salvo causa de forza maior.

5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:

Dorsais:

Poderán recollerse o xoves 22 e o venres 23 de setembro de 15:00 a 22:00 horas e o sábado 24 de 9:00 a 13:30 horas na piscina municipal de Allariz.

O propio día da proba , na zona habilitada unha hora antes da saída de 8:00 a 8:50.

6. SERVIZOS MÉDICOS E SEGUROS:

Haberá servizo de ambulancia e persoal sanitario durante o tempo que dure a proba.

Todas as persoas que participen estarán cubertas cunha póliza de seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.

7. SAÍDA:

A saída será dende o Campo de Vilanova (piscinas municipais).

Haberá servizo de gardarroupa en ditas instalacións.

Todas as persoas que participen deberán pasar obrigatoriamente pola zona de saída para o control de dorsal.

A saída será ás 9:00h. para a media maratón de montaña e ás 9:30h para o percorrido de 13 km.

8. PERCORRIDO:

O percorrido será polos montes que rodean o núcleo de Allariz e polo casco urbano da mesma.

9. AVITUALLAMENTO:

Haberá avituallamento líquido ó longo do percorrido, e líquido e sólido na meta.

10. META:

A meta será no Campo de Vilanova (piscinas municipais).

Haberá servizo de duchas en ditas instalacións.

11. RESPONSABILIDADE:

No momento da inscrición cada participante pon de manifesto que se encontra nunha forma física e psíquica óptima para a participación na proba e asume de igual maneira o risco que conforma a práctica deportiva.

A organización non se fará responsable dos danos prexuízos ou lesións que poidan sufrir os participantes nesta proba ó causarlle a terceiros así como tampouco de cantos gastos, débedas ou danos que podan contraer no transcurso do evento.

O participante renuncia por tanto a emprender accións legais que poidan derivar en contra da organización da mesma.

12. CAMBIOS

A organización resérvase o dereito a realizar calquera tipo de cambio de carácter organizativo en beneficio dos participantes. Ditos cambios en caso de que se fixeran comunicaranse polos medios que se estimen mais oportunos.

A organización resérvase o dereito de suspender ou aprazar a proba se se considera que está en risco a seguridade dos participantes e así o manifestan as autoridades oportunas.