Actividades Deportivas

Allariz conta con instalacións de práctica deportiva e un amplo e variado programa de actividades de lecer.

 

Complexo Deportivo de Vilanova

Cidade Deportiva O Seixo

Sendeirismo e BTT

Hípica

Eventos Deportivos

O calendario alaricano inclúe varias probas deportivas que atraen a centos de persoas ata Allariz para, ademais de practicar deporte, gozar do entorno e de todas as posibilidades que ofrece a localidade.

ANDAINA DE ALLARIZ

25 kilómetros de percorrido circular por sendeiros da Reserva da Biosfera ao seu paso pola vila.  É unha proba non competitiva, de carácter social, que comeza e remata na Alameda.

OCR ALLARIZ

Esta carreira desenvolverase totalmente no entorno natural de Allariz, con diversos obstáculos á beira do Arnoia e no alto do Castelo, que fan dela una proba espectacular que atrae a centos de deportistas de élite.

TRIATLÓN ALLARIZ

Allariz transfórmase no epicentro do tríatlon galego coa celebración, durante a Festa da Empanada, da tradicional cita popular que acolle a deportistas nas disciplinas de ciclismo, natación e carreira.