O Casco Histórico de Allariz
Allariz foi residencia de reis no Medievo, entre eles Alfonso X O Sabio. Asentada no val do río Arnoia, a vila conserva unha forte pegada medieval no seu casco urbano.
Dende o ano 1971, coa declaración de Conxunto Histórico Artístico, o casco histórico de Allariz sufriu a remodelación e rehabilitación merecedora do Premio Europeo de Urbanismo. Vivendas remodeladas e outra vez habitadas, espazos públicos e comerciais que acollen á veciñanza e a visitantes que percorren, diariamente, as súas rúas.
Pasear polas súas lousadas e coidadas rúas resulta un pracer, gozando dos antigos edificios que a flanquean.