Como chegar a Allariz

Allariz é un municipio histórico situado no sueste de Galicia, na provincia de Ourense.  Está ben comunicada co resto de Galicia e do Estado; por aire, por medio dos tres aeroportos galegos e por terra, a través do ferrocarril ou da estrada.

Camiño de Santiago

O Camiño do sueste Vía da Prata, que atravesa Allariz, é a ruta xacobea galega de maior percorrido. É dunha gran diversidade e riqueza xeográfica e ecolóxica, ademais de contar cun cuantioso patrimonio histórico-artístico.  Allariz é un dos pasos desta ruta e é, sen dúbida, a mellor opción para facer un alto no camiño.

Etapa Camiño Santiago por Allariz