De compras por Allariz
Para os incondicionais das compras, en Allariz non faltan tendas de firmas de prestixio galego, así como pequenas tendas cheas de encanto, nas que adquirir dende un simple recordo a un artigo de luxo. Nos seus escaparates poderás contemplar as últimas tendencias en deseño e moda ou atopar auténticas marabillas elaboradas artesanalmente.
Comercio xeral
O tecido económico de Allariz conta con máis de duascentas tendas que conforman unha ampla gama de establecementos que ofrecen produtos e servizos variados.
Algúns deles abren as fins de semana, en horario turístico.