Festas e Feiras
Aquí descubrirás o ben que o pasamos en Allariz. Festas locais, gastronómicas, culturais e de interese turístico, así como eventos deportivos, celébranse durante todo o ano para goce de todos os públicos.
Aquí descubrirás o ben que o pasamos en Allariz. Festas locais, gastronómicas, culturais e de interese turístico, así como eventos deportivos, celébranse durante todo o ano para goce de todos os públicos.
Esta festa de Interese Turístico Galego celébrase entre maio e xuño, coincidindo co Corpus. Ten a súa orixe no ano 1317, cando Xan de Arzúa, home de conviccións relixiosas, decidiu pór remedio ao comportamento irrespectuoso dos xudeus na procesión de Corpus. Fíxoo montado ao lombo dun boi e conseguiu que os xudeus desistiran da idea de seguir molestando á comunidade cristiá. Isto é o feito histórico que motivou a recuperación das carreiras do boi no ano 1983.
Desde 1988, a Asociación Xan de Arzúa é a encargada de traballar na recuperación e conservación da tradición histórica da Festa do Boi. Organizan máis de 70 actividades durante os 9 días que dura a festa e nelas participan, de xeito voluntario e activo, toda a poboación alaricana. Música, teatro, actividades infantís, encontros populares e, por suposto, as carreiras do boi centran a programación festiva.
Documentada desde 1317
De Interese Turístico Galego desde 2006
www.festadoboi.gal
Pasear polas rúas do casco histórico sempre é una pracer e, se cabe, aínda o é máis durante a Semana Santa, data na que Allariz acolle un gran número de visitantes. Actuacións ao vivo polas rúas, actividades culturais e infantís e mercados ou visitas guiadas son piar da programación cultural da Semana Santa ao vivo.
Semana Santa (de xoves a domingo)
Son as festas patronais de Allariz. Celébranse en xullo, na fin de semana máis próxima á festividade de San Bieito (11 de xullo).
É unha festa, principalmente, de carácter relixioso, na honra do patrón de Allariz. Aos actos relixiosos, incorpóranse actividades deportivas, xornadas gastronómicas, pasacalles e o desfile de xigantes e cabezudos. Os tradicionais fogos artificiais marcan o peche da festa.
11 de Xullo - "San Bieito"
Fin de semana máis próximo
A Festa da Empanada celébrase, desde 1971, a terceira fin de semana de agosto, á beira do Arnoia. Ten a súa orixe no desexo de facer unha festa para deleite dos veciños e veciñas emigrantes que no verán regresan a Allariz. É unha festa gastronómica, coa empanada de protagonista, aínda que a programación tamén inclúe actividades musicais e deportivas.
Terceira fin de semana de agosto.
O casco histórico de Allariz é o escenario onde artesáns e artesás de Galicia mostran os seus oficios. Arte de Man ofrece exposición e venda de distintas disciplinas, tradicionais e innovadoras, como a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro ou madeira, entre outras. Ademais, a xornada complétase con obradoiros e demostracións ao vivo.
Segundo domingo de setembro
Neste evento, celebrado a segunda fin de semana de novembro, exáltanse os produtos de tempada, como castañas, noces, cogomelos ou pan artesán, entre outros moitos, ofrecendo a posibilidade de degustar ou mercar os produtos naturais ou elaborados e envasados.
Durante a feira realízanse saídas didácticas ao monte, exposicións micolóxicas e cociña ao vivo.
2ª fin de semana de novembro
A cultura galega estará presente na ambientación das rúas do casco histórico de Allariz que se converte nunha pasaxe de medo. As rúas énchense de ánimas, meigas e outros seres do máis alá.
Festas do Samaín
31 de outubro - 1 de novembro
Allariz celebra anualmente as Festas Etnográficas, nas que a veciñanza de Queiroás da Igrexa, da Torre de Seoane e tamén da vila, recrean os traballos tradicionais relacionadas co ciclo do pan, comezando pola seitura, continuando pola malla e, finalmente, a moenda e a fornada.
Santa Mariña de Augas Santas convértese, cada mes de agosto, no punto de encontro de cesteiros artesáns e cesteiras artesás. Danse cita alí desde os máis tradicionais aos que seguen unha liña máis innovadora dentro do sector.
xullo e agosto
En Nadal, Allariz convértese nun escenario orixinal e interactivo que recrea o espírito propio desta época, con distintos decorados polas rúas e prazas do casco urbano. Son, nestas datas, os máis retratados por veciños, veciñas e visitantes.
Durante as festas de Nadal
A Fábrica de Curtidos da familia Nogueiras é unha edificación do século XVIII de planta cadrada e cun gran patio central. Situada na marxe dereita do río Arnoia, no Parque Portovello, é un claro exemplo dunha florecente industria que fixo da vila de Allariz un importante referente no relacionado co curtido de peles.
Antiga Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras
Rúa A Granxa s/n, 32660 Allariz
Tlf. 988440859
museos@allariz.gal
Horarios
Sábados, domingos e festivos
de 11:00h a 14:00h
de 17:00h a 19:00h
Xullo, agosto:
martes, mércores e domingo
de 11:00h a 14:00h
xoves, venres e sábado
de 11:00h a 14:00h
de 18:00h a 20:00h
PECHADO XANEIRO E FEBREIRO
Entrada individual: 2 €
Grupos (15 personas): 1 €
Bono 3 museos (Xoguete, Coiro, Moda): 3 €
Entrada gratuíta ata 4 anos e con tarxeta de cidadanía
Ubicado na casa dos Castro Oxea, unha casa señorial do século XIV. Este singular museo, pioneiro en Galicia, xira, de xeito interactivo, arredor do sector téxtil en Allariz. Nel recréase a vida da localidade durante os séculos pasados.
Rúa O Portelo, 3A 32660 Allariz
Tlf. 988440859
museos@allariz.gal
Horarios
Sábados, domingos e festivos
de 11:00h a 14:00h
de 17:00h a 19:00h
Xullo, agosto:
martes, mércores e domingo
de 11:00h a 14:00h
xoves, venres e sábado
de 11:00h a 14:00h
de 18:00h a 20:00h
PECHADO XANEIRO E FEBREIRO
Entrada individual: 2 €
Grupos (15 personas): 1 €
Bono 3 museos (Xoguete, Coiro, Moda): 3 €
Entrada gratuíta ata 4 anos e con tarxeta de cidadanía
Instalado no pazo do antigo Xulgado, unha construción de finais do século XVII, acolle coleccións de xogos e xoguetes de todos os tempos, doados na súa maioría polo veciño Alberto Oro Claro. Tamén recolle achegas doutros particulares.
Rúa O Portelo, 4 32660 Allariz
Tlf. 988440859
museos@allariz.gal
Horarios
Sábados, domingos e festivos
de 11:00h a 14:00h
de 17:00h a 19:00h
Xullo, agosto:
martes, mércores e domingo
de 11:00h a 14:00h
xoves, venres e sábado
de 11:00h a 14:00h
de 18:00h a 20:00h
PECHADO XANEIRO E FEBREIRO
Entrada individual: 2 €
Grupos (15 personas) : 1 €
Bono 3 museos (Xoguete, Coiro, Moda): 3 €
Entrada gratuíta ata 4 anos e con tarxeta de cidadanía