Festival Internacional de Xardíns de Allariz
Máis de 37700 m2 de auga, sons, cores e vexetación. Tres hectáreas de natureza a carón do río Arnoia. Pioneiro na península, é un quebracabezas verde que mantén durante o ano un marco fixo e renova, cada primavera, doce espazos efémeros asignados á creatividade e á innovación de paisaxistas de todo o mundo, a través dun concurso de ideas.
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz é un lugar único e innovador.
Un espazo para observar, pasear, gozar e soñar.
Paseo do Portovello s/n
988 442 210
festivaldexardins@allariz.gal
www.allariz.gal/festival
Folleto Informativo FIXA