Allariz Sabe

Allariz sabe a amendoado e a arte… Sabe a castañas… Allariz sabe a carne de boi e tamén… Sabe a cogomelos e a historia… Sabe a horta fresca… Sabe a queixo do Rexo e embutidos… Allariz sabe a mil sabores.

Allariz sabe o que quere: converterse no prato perfecto para todos e todas, en calquera momento e para toda ocasión.

PRODUTO  DE ALLARIZ

A gastronomía é unha ferramenta de desenvolvemento rural e crecemento económico, unha aposta pola innovación con raizames e, ademais, un atractivo turístico. En Allariz elabóranse produtos de calidade ligados ao sector primario, coma estes.

Produto Artesán de Allariz

A tradición reposteira alaricana remóntase ao asentamento de colonias xudías en Allariz e aínda se conserva a elaboración artesanal. Os amendoados, a torta real, os melindres ou os licores, baixo a marca “Produto artesán de Allariz”, son os piares sobre os que xira a repostería tradicional da vila.

XORNADAS DE CARNE DE BOI DE ALLARIZ

A hostalería de Allariz, durante tres semanas de exaltación da carne de boi de Allariz,  ofrece este manxar a través das diferentes tapas e menús. 

www.allariz.gal/carnedeboi