O Río Arnoia

O río Arnoia é protagonista do rexurdimento dun novo Allariz. A súa importancia estivo sempre unida ao seu potencial como espazo para o ocio e a vida cotiá dos alaricanos: pescar, pasear en barca ou refrescarse no verán.

A ribeira do Arnoia, ao seu paso por Allariz, foi escenario de intervencións que deron lugar ao Corredor temático do Arnoia, que abrangue desde o Rexo até o Festival de Xardíns. Seguir a pé este camiño é posible grazas ao paseo construído na súa beira.