Actividades Deportivas
Complexo Deportivo de Vilanova
O complexo de Vilanova conta cunhas fantásticas instalacións: piscina climatizada interior e dúas exteriores, unha moderna sala de musculación, unha de cardio e unha sauna. Ademais, un amplo espazo verde para o goce dos bañistas en verán e un parque para os máis pequenos.
HORARIO DE INVERNO
Piscina climatizada e ximnasio
Luns a venres de 7:30h a 13:00h e de 16:00h a 22:00h.
Sábados,domingos e festivos de 9:00h a 14:00h.
ENDEREZO
- Rúa Vilanova
- 988 442 083
- piscina@allariz.gal
HORARIO DE VERÁN
Xullo Agosto e Setembro
Piscina climatizada e ximnasio
Luns a venres de 9:00h a 21:00h.
Sábados,domingos e festivos de 12:00h a 20:00h.
Piscinas exteriores
Luns a venres de 12:00h a 21:00h.
Sábados, domingos e festivos de 12:00h a 20:00h
TARIFA
- Consultar na piscina municipal
- 988 442 083
- piscina@allariz.gal
Cidade Deportiva O Seixo
A Cidade deportiva do Seixo dispón de tres campos de fútbol onde xogan as diferentes categorías e equipos de Allariz. Ademais, conta con tres pistas de pádel e unha de tenis para uso público.
Instalacións:
1 campo de fútbol de herba artificial
1 campo de fútbol de herba natural
1 campo de fútbol 7 de herba artificial
3 pistas de pádel
1 pista de tenis
Vestiarios
ENDEREZO
- O Seixo s/n
PADEL E TENIS - RESERVAS
Sendeirismo e BTT
Sendeirismo Rutas
A Ruta Do Canelar permítenos elixir entre camiñar 5 km, ascendendo a 900m de altitude, nun entorno pétreo espectacular, ou ben 8 km, ascendendo 300m ata San Salvador. Esta ruta ofrece unha impresionante vista sobre Allariz.
A Ruta da Padela, un camiño circular de 5 quilómetros que leva cerca de 4 horas completar. Ten un desnivel medio de 250 metros. Toda a zona presenta unha paisaxe agraria tradicional.
Rutas BTT
Allariz conta con 4 rutas BTT perfectamente sinalizadas, que se complementan cunha área de descanso, con vestiarios e duchas; todo un paraíso para os amantes da bici da montaña.
RUTAS SENDEIRISMO
HÍPICA DE ALLARIZ
En Allariz poderás practicar a equitación, ben en picadeiro ou, para persoas expertas, en rutas de cabalo. E para as crianzas poderán comezar montando en poni.
ENDEREZO
TARIFAS
Aluguer picadeiro
30 minutos : 15 € 60 minutos : 18 €
Aluguer do poni:
15 minutos: 9€ 30 minutos: 15 €
HORARIOS
Consulta no 988 442 006 para máis información.