COMPRA EN ALLARIZ

Para os incondicionais das compras, en Allariz non faltan tendas de firmas de prestixio galego, así como pequenas tendas cheas de encanto, nas que adquirir dende un simple recordo a un artigo de luxo. Nos seus escaparates poderás contemplar as últimas tendencias en deseño e moda ou atopar auténticas marabillas elaboradas artesanalmente.

OUTLET ALLARIZ

Tendas outlet de grandes deseñadores cuxos establecementos discorren polo casco histórico de Allariz. Abertas de martes a domingo, teñen como principal atractivo os descontos que ofrecen xunto coa calidade dos seus produtos.

Primeiras marcas galegas como, Massimo Dutti e  Tempe, do grupo Inditex,  Nanos, Alba Conde,  Roberto Verino, ou  Adolfo Domínguez, entre outros, concéntranse na rúa Fonteiriña, ofrecendo excedentes de stocks e  produtos de tempada anteriores con grandes descontos.

O segredo do seu éxito está na súa localización que ben semella un centro aberto espallado pola rúas empedradas de Allariz, diferente aos típicos centros comerciais.

Horario de inverno (martes a domingo):
10:30 h. a 14:00 h.
16:30 h. a 20:30 h.

Horario de verán (martes a domingo):
10:30 h. a 14:00 h.
17:00 h. a 21:00 h.

Rúa Fonteiriña
Rúa Santo Estevo
Rúa da Cruz

ARTESANÍA ALLARIZ

Se o que buscas é un recordo de artesanía, atoparás produtos realizados por artesáns de Allariz.  Repuxados de coiro, cerámica artística, pezas de liño, encaixes, esmaltes, ourivería celta… Artesáns de hoxe, herdeiros dos antigos oficios tradicionais alaricanos…

FEIRAS E MERCADOS

En Allariz celébranse diferentes feiras e mercados que son verdadeiros puntos comerciais de referencia local e grandes estratexias de desenvolvemento local.

Mercado de proximidade onde se atopan produtos locais de calidade elaborados no territorio da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, atendido personalmente por produtores e produtoras locais.  
Aberto todos os sábados de 10:00h a 14:00h. 

Mercado de postos ambulantes, con espazo para a gastronomía con postos de polbo. Participan tamén os comercios e locais da Vila. Celébrase cada sábado.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.