Xa coñecemos o establecemento gañador do Concurso de Escaparates “Allariz, Escaparate do Nadal”

O xurado do Concurso de Escaparates “Allariz, Escaparate do Nadal”, impulsado polo Concello de Allariz, realizou na xornada do luns 29 de decembro a visita aos escaparates dos establecementos inscritos nesta primeira edición do certame.

En total, 25 establecementos do municipio participaron no concurso, amosando unha alta implicación e creatividade na decoración dos seus escaparates e contribuíndo a crear unha atmosfera festiva e acolledora nas rúas de Allariz durante o Nadal.

O xurado estivo composto por representantes municipais, persoas vinculadas ao ámbito do deseño e tamén por representación veciñal, incorporando así a visión da cidadanía, que é parte fundamental das persoas que desfrutan destes deseños e da ambientación festiva da vila.

Tras a valoración das diferentes propostas, e atendendo aos criterios establecidos nas bases —creatividade, orixinalidade, uso de materiais naturais ou sostibles, harmonía da proposta, espírito do Nadal e capacidade de atraer ao público—, o xurado decidiu conceder o Premio Único do Concurso de Escaparates “Allariz, Escaparate do Nadal” ao establecemento Farmacia Páez.

Ademais, o xurado quixo recoñecer o traballo doutros establecementos mediante a concesión das seguintes mencións especiais:

  • Mención á sostibilidade: Florería de Margarida

  • Mención á creatividade estética: A Mariñeta

  • Mención á coherencia temática: Aira das Letras

  • Mención á orixinalidade: Sneakers Nº2

  • Mención ao escaparate sen escaparate: Administración de Lotería A Meiga

  • Mención ao emprendemento e á iniciativa: Barbería Focus

  • Mención pola súa implicación e aportación á decoración do Nadal: Comerciantes da rúa Castelao

Desde o Concello de Allariz destácase que esta iniciativa nace coa vontade de poñer en valor o traballo que o comercio local realiza cada Nadal, complementando a decoración municipal e reforzando a identidade de Allariz como vila viva, creativa e acolledora nestas datas.

O Concello agradece a participación de todos os establecementos inscritos e felicita tanto ao establecemento gañador como ás persoas e colectivos recoñecidos polas súas propostas.

Establecemento ganador Concurso de Escaparates 2026

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.