EDICIÓN 2013

Edición 2013 «Allariz, a beleza que inspira»

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz celebrou a súa cuarta edición baixo o título “A beleza que inspira”. Cun número de visitas superior a 40.000 e unha recadación en entradas de 31.357€ demóstrase a valoración positiva e a gran aceptación que ten o proxecto por parte tanto da veciñanza coma dos visitantes.

A utilización do Festival Internacional de Xardíns de Allariz como escenario para o mundo empresarial da xardinaría e paisaxismo, por empresas e asociacións como Agaexar, Acubam, Vivergal ou a Asociación Española de Paisaxistas, así como a exposición de mostras escultóricas no recinto, unindo arte e natureza, son mostras da valoración positiva do festival, que non só se converteu nun lugar atractivo senón que permite a dinamización económica de Allariz.

No 2013 alzouse co primeiro premio, grazas ao 25% dos votos, “Pensasueños” do alicantino Manuel Richart. O segundo premio foi ás mans de Camille Thibert e Pedro Marzorati con “O xardín da árbore que chora”. E o terceiro foi para “Atopa o tesouro” de Susanne Kopfer, Elisabeth Olischar e Jürgen Rosenitsch.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.