EDICIÓN 2018

Edición 2018 – O erotismo no xardín

A IX edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz enche este espazo a carón do Río Arnoia de propostas imaxinativas, recreando atmosferas nas que os autores seleccionados dan a súa visión do erotismo no xardín.

Quero convidarvos a gozar da cor, dos aromas, das texturas, a espertar os sentidos e a deixarvos levar polo deleite para o corpo e a alma que estes espazos procuran. De maio a outubro Allariz sabe especialmente a paisaxismo e xardinería. Nestes 9 anos temos recibido 225 proxectos de 27 países de todo o mundo, consolidando unha iniciativa única e singular que cada ano incrementa a súa capacidade de atracción con miles de visitantes. A vindeira edición no ano 2019 centrarase no lema “Xardíns de Cine”. Pódense presentar propostas ata o 30 de novembro.

Parabéns aos traballadores municipais pola súa profesionalidade na execución deste ambicioso proxecto e ao IES de Allariz pola súa participación fora de concurso nesta edición.

Agardo que gocen da visita e que deixen voar a súa imaxinación cos ecos da lírica dos trobadores medievais galegoportugueses ou lembrando a Álvaro Cunqueiro:

“Quezáis soñás, amor, coa branca abelaneira ou co cervo que baixa a beber á ribeira ou co melro que canta seu vagar na roseira. Quén amores há, cómo dormirá?”

1. O LABIRINTO ROSA
Equipo Púa Studio
Alejandra Pérez Bahamonde y Úrsula García Luce
2. A CASA PECHADA
Equipo Mademalet
Marie Astrid de Malet
3. EN BUSCA DO PROHIBIDO
Equipo DRCP Garden
Daniele Martins Costa
Regiane de Souza Freitas
Candido Marins Fagundes
Patricia Rodrigues
4. OS AGASALLOS DO ESPERTAR
Equipo Landscape Architecture Studio
Lorenzo Cellini, Giada Gigei, Francesco Diana, Matteo Gobbi, Giulia Carmenati, Mara Iannone
5. O XARDÍN PROHIBIDO
Equipo MCR
Mónica Mota, Cláudia Vilar, Renata Ferreira
6. NA PROCURA DO ÍNTIMO
Equipo Anta Caramelo
José Anta Rodríguez
Nuria Caramelo Novo
7. PERSEGUINDO A MIRADA
Equipo Sunlight Paisajismo
Cristina del Pozo, Sara Costa e Elisabetta Nucera
8. Con(sentido), sentidiño
Equipo IES Allariz
9. DESPOIS DO AMARGO VEN O DOCE
Equipo Scandinavia
Cathrine Bugge
Fredrika Orefelt
Jenny Zackrisson
10. O LIBRO DA ROSA
EQUIPO: Waterscales Architects
Carmen María Barrós Velázquez,
Francisco del Corral del Campo.
Colabora Roberta Silvestri
11. DESPEGUE RUMBO AO CEO
EQUIPO: Yamabiko
Masayuki Tanaka,
Rocío Busó Martínez
12. A LEMBRANZA ESQUECIDA
EQUIPO:Del Buono – Jardín y Paisaje
Antonio Del Buono

Patrocinadores 2018

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.