EDICIÓN 2021

1. O camiño cara a emigración de Rosalía

O xardín que estás a punto de percorrer ten como protagonista á gran poetisa galega Rosalía de Castro. O seu poema Adiós ríos, adiós fontes é un bo exemplo da súa poesía, á vez que retrata a emigración daquela época, a cal marcou as vidas da maioría de familias galegas e que hoxe, por desgraza, volve ser unha realidade para moitos mozos e mozas da nosa terra.
Propoñemos o percorrido polas estrofas do coñecido poema a través da escenificación dalgúns dos elementos que nel aparecen, de xeito que te imaxines protagonista dese camiño cara a emigración. Podes coller unha maleta para afrontar este percorrido vivindo en primeira persoa a sensación dos momentos previos á partida cara o descoñecido.
Na proposta tratamos de representar algunhas das cousas boas que caracterizan a nosa terriña, fronte á sensación de baleiro que nos provoca comezar a viaxe.
Gustaríanos que este xardín poida servir de homenaxe ás e aos emigrantes e recoñecer o valor da difícil decisión que tiveron que tomar para saír adiante eles e as súas familias.
O percorrido finaliza no mesmo punto do que saíches… desandando o camiño que te conduciu ata terras descoñecidas, poderás volver ollar de novo ás túas orixes…
As dúas cancións que escoitarás son Adios ríos, adiós fontes de Amancio Prada e Adiós ríos, adiós fontes de Radio Cos.
E unha imaxe de Rosalía que verás é obra do Rei Zentolo, que nola prestou para a ocasión.
Comezamos a viaxe cara a emigración de Rosalía?

EQUIPO
PROCEDENCIA

Equipa de amigos que se coñeceron na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e que comparten o seu gusto polo deseño, a fotografía e viaxar. Sara del Río Seoane é unha arquitecta que colabora no estudo de arquitectura e urbanismo TEC (A Coruña). Johnatan Carreira Vázquez é arquitecto actualmente traballando en BCR Arquitectura (Lalín). E Ana Barxa Cid desenvolve a súa carreira profesional como arquitecta e BIM Manager no estudo de arquitectura e interiorismo arxproject (A Coruña).

2. Un xardín excesivamente nítido

O xardín interpreta o poema “Nun día excesivamente nítido” do autor portugués Fernando Pessoaa partir do seu concepto de heterónimo, Alberto Caeiro neste caso. Por medio de superficies transparentes, espellos, láminas de auga e marcos, ofrécese ao visitante a experiencia da propia multiplicidade. Unha inmersión nun mundo literario, irreal e palpable á vez, artificial e natural que, de maneira laberíntica, vai conducíndonos a través do poema, descubrindo os seus versos reflectidos en nós mesmos e nos múltiples Pessoa.

O pavimento cuadriculado e as superficies reflectoras  recrean unha paisaxe pixelada con distintos graos de nitidez. Dentro desa retícula tridimensional mestúranse os elementos naturais que fan parte do poema: “montes, vales, planicies”; “árbores, flores, herbas”; “ríos e pedras”. Mediante códigos QR, o visitante pode acceder á información complementaria e recitais  dos poemas en distintos idiomas, incorporando a presenza física de Pessoa, a través da súa obra, detrás de cada espello, á volta de cada esquina.

O uso da lavanda como flor nacional de Portugal, xunto ás hortensias típicas da paisaxe galega, falan da proximidade destas dúas terras. Os caraveis vermellos, insertos en anacos de rifles, remiten á histórica revolución que Pessoa non puido vivir na súa cidade natal. Unha Lisboa evocada nos seus pavimentos brancos e a luz que reflicten, nos mobles dun imaxinado estudo do que Pessoa sae a fume de carozo buscando “un camiño a través das árbores”.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Juan David Daza, 1999. Estudante do último ano da carreira de Arquitectura na Pontificia Universidade Javeriana de Bogotá, Colombia. Foi asistente de investigación na área de historia da arquitectura moderna e prehispánica. É cantante lírico e afeccionado ás artes visuais. José Javier Alayón González, 1974. Doutor en Proxectos Arquitectónicos (2010) e Máster Oficial en Paisajismo (2007), ambos os títulos pola Universidade Politécnica de Cataluña, Barcelona – España. Arquitecto (1998) pola Universidade dos Andes, Mérida – Venezuela. Actualmente é profesor de Arquitectura da Paisaxe, Proxectos Arquitectónicos e Historia da Arquitectura Moderna, áreas nas que se desenvolve tamén o seu labor como investigador na Pontificia Universidade Javeriana de Bogotá, Colombia.

3. O mundo en once aromas

No xardín interior de Emily Dickinson tres elementos toman o protagonismo: os elementos antropomorfos JayMay, BeeJuly e BurYear. Falan entre eles, pregúntanse polas abellas, as sementes, a neve ou a pega rabilonga.

Os tres constrúen “cuartos de Cedros” con “numerosas xanelas”. Permiten a posibilidade de habitalos. Os tres se elevan deixando un buraco ao ceo.
JayMay sobe para alcanzar as pegas rebordas, que sobre el  se pousan. As circunferencias medran sobre directriz pentagonal.

En BeeJuly os zunidos elevan os círculos e  sobre unhas patas encartadas xogamos a colocar círculos concéntricos.

 BurYear fórmase cunha coroa a modo de espiñas e uns troncos que se alzan libremente, despuntan coma filamentos ao ceo.

 Os tres póusanse sobre unha pradaría, e para que medre só se precisan fantasías,  un trevo e unha abella.

 No xardín interior de Emily a súa poesía convértese nun referente formal e simbólico dos elementos que o constrúen. Do mesmo xeito ca  ela, empregamos a antropomorfización como un método para mostrar os seus sentimentos polos elementos naturais.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Fermina Garrido López é doutora arquitecta pola UPM, docente na área de proxectos da URJC e investigadora. Traballa no seu propio estudo e a súa actividade profesional está ligada ao deseño en madeira e ao desenvolvemento de proxectos en relación á paisaxe. Mezcla nos seus deseños a artesanía coa tecnoloxía, os conceptos xerais e a delicadeza dos detalles e a innovación coa tradición.

4. Espera, dorme ou soña?

A “España Baleirada” é aquel territorio do país que se viu condenado ao esquecemento, á insignificancia, á súa case desaparición. Un territorio no que a falta de oportunidades obrigou os seus habitantes a emigrar durante décadas, deixar atrás a familias, amigos, recordos… Un xenocidio cultural e un espolio humano, que ningún país digno de tal nome se pode permitir. Unha España outrora determinante na Historia da Península, que o modelo de desenvolvemento socioeconómico actual condenou á máis absoluta insignificancia. Sirva este proxecto para reivindicar a forza e honra daqueles poboadores que loitan porque esta parte do país non morra do todo. Queriamos plasmar este concepto no noso deseño e, baseándonos nas liñas de Machado e usando un mapa de poboación española, comezamos a trazar liñas de igual densidade de poboación, dando lugar a tres manchas diferenciadas. Estas  diferenzas plásmanse achegando un tratamento da vexetación en cada unha delas.

EQUIPO
PROCEDENCIA

O grupo está composto por tres persoas de diversas áreas e inquietudes entre as que se atopan a poesía, o paisaxismo e o movemento social. Grazas á oportunidade que brinda este concurso podemos transmitir mediante este proxecto unha mensaxe de maneira orixinal e con capacidade de repercusión. Sirva este proxecto para reivindicar a forza e honra daqueles poboadores que loitan porque esta parte do país non morra do todo. Para esixir futuro e dignidade para a España Baleirada.

5. Restlessness garden

Debido á súa gran influencia e xenio a nivel mundial, eliximos a Fernando Pessoa, poeta portugués do século XX, coñecido pola súa poesía en forma de heterónimos diversos, para inspirar o deseño do noso xardín.

O concepto para o noso xardín está baseado na dualidade destes dous heterónimos:  Alberto Caeiro, o pastor, e Álvaro de Campos, o enxeñeiro naval.

Propoñemos un espazo de aspecto naturalizado coa interrupción da industrialización. Queremos contar a historia da evolución, de como procedemos do mundo natural e fomos creando o mundo industrial para que agora nos sintamos desbordados. Somos realmente importantes? Somos axentes principais ou secundarios na historia mundial? A cronoloxía da Terra dinos que a aparición do Homo Sapiens  Sapiens  ocorreu hai pouco tempo desde a formación do planeta. Se estamos aquí recentemente, como podemos evolucionar tanto? É evolución ou destrución?

O elemento máis obvio do noso xardín é a elevación do chan. Cunha subida de dous metros, pretendemos crear un outeiro que esperte a curiosidade da xente ao redor do espazo e descubrir por si mesmos o túnel creado. Este túnel foi deseñado coa intención de que o usuario se illase progresivamente do seu entorno ata que se mergulla na terra, só cos seus pensamentos, as súas preocupacións, a súa inquietude, como Fernando Pessoa.

Dende o exterior do xardín podemos contemplar, por un lado, o mundo na súa sinxeleza, como Alberto Caeiro e por outro unha axitación de sensacións, como Álvaro de Campos.

Máis aló do principal camiño artificial que proporciona illamento, a espacialización da vexetación e das estruturas a través do monte permite unha rede de camiños sen marcas para unha experiencia de liberación.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Formados na mesma clase do curso de Arquitectura da Paisaxe da Facultade de Ciencias da Universidade do Porto, estes 5 compañeiros e amigos, João Soares, Matilde Pereira, Maria Martins, Catarina Neves, Gabriela Magalhães, reuníronse para propor un xardín para o Festival Internacional de Jardins de Allariz, edición 2020. Con diferentes estilos e diferentes enfoques no deseño de paisaxes, este equipo está unido polo amor pola arquitectura da paisaxe e todos os seus principios. Impulsado pola paixón do deseño e en pleno contacto coa natureza, este equipo sempre está emocionado de afrontar retos e de que o mundo saiba que é unha arquitectura de paisaxe.

6. The forest of the night

The forest of de Night é un xardín para ser explorado e non para ser estudado; un xardín para entenderse,  pero non para entender. A idea de deseño baséase nos dous poemas xemelgos, obra mestra de William Blake: ” The Tyger” e ” The Lamb”. Combinan tons proféticos e imaxinativos para trazar un camiño de crecemento do ser humano. Estas dúas obras únense mutuamente, creando unha historia unificadora do que o home leva dentro de si. A pregunta que se fai nestes poemas refírese á creación de dúas entidades animais diametralmente opostas, o escuro tigre e o cándido cordeiro . Símbolos, por suposto, pero presenzas reais na alma humana. Por unha banda, no Bosque Nocturno, está o tigre coa súa ferocidade, a súa forza vital e a súa terrible apariencia, a súa inquietante simetría. Polo outro, está o cordeiro tímido, símbolo de pureza, amor e bondade. O camiño no xardín é similar ao que as dúas composicións poñen fronte a nós: cruzamos o bosque nocturno, simbolizado por altos postes de madeira áspera ou queimada, perdéndonos nos nosos pasos como nun camiño de iniciación e, finalmente,  atopándonos  para chegar a un lugar central onde se alzan altos espellos, onde podemos recoñecernos, podemos observar os nosos ollos e albergar o tigre ou o cordeiro dentro deles. O roteiro renóvase no lado oposto, onde o bosque é menos denso e parece albiscar entre as árbores estilizados de pastos suaves, chairas verdes.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Landscape First é un taller creativo multidisciplinario que ofrece unha idea de paisaxe e xardín que abarca diferentes áreas de coñecemento e estudo. Ao propor unha visión exhaustiva da paisaxe, os seus compoñentes queren chamar a atención sobre a importancia do verde, a natureza, a arte e a creatividade, para mellorar as condicións de vida, as relacións sociais e a redución da brecha entre cidades e natureza. Landscape First é tamén unha asociación cultural con sede en Italia para a difusión do coñecemento da paisaxe (www.landscapefirst.it). Para Landscape First Gael Glaudel, Yijie Yang e o membro externo Yutong Zhao combinan as súas habilidades para crear xardíns e paisaxes urbanas, para difundir unha cultura da paisaxe e para enfrontar os desafíos dun futuro máis sustentable.

7. Os mundos infinitos dos Haijines

Entre peixes e paxaros sucédense

 Os mundos infinitos dos Haijines…

Para un Haijin(poeta xaponés), percorrer un xardín pode ser unha experiencia que o inspire a facer os máis fermosos Haikus. Pode atrapar con poucas palabras un momento: eses peixes que miran os lirios arremuiñados no estanque, un grilo que se perde no bambú… os seus temas son xeralmente a natureza e o paso das estacións. Todo no xardín é poesía. Así os haikus, estes breves poemas de tres versos, sen rima, son unha mirada que eterniza o aquí e o agora.

O noso obxectivo é crear un xardín que comparta co Haiku o seu espírito. Concíbese entón un percorrido simple,  xerado por figuras puras, pero cheo de momentos, símbolos e Haikus. Tanto os elementos construídos como os naturais conspiran para penetrarnos ao mundo da contemplación e a lectura. O centro do xardín está definido por un círculo seco que contén unha árbore icónico de Xapón (o Sakura) acompañado polos Haikus das catro estacións.

 Unha fonte oval con bordo infinito protexe e realza o círculo central, xerando a forma do percorrido principal. Este percorrido divídese en dous tramos materializados por un eixo-mural que remata dun lado cun Acer Palmatumy  e, do outro, cun Ginko Biloba. Dentro do xardín atopamos momentos para camiñar, contemplar, ler, descansar e soñar.

“Os haikus falan de calquera nadería” . Blyth, definíao como “unha mera nada inolvidablemente significativa”. Unha nada que sucede ante nós e non conseguimos esquecer”.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Somos un equipo interdisciplinario, formado por 3 xeracións. Avoa, nai e fillo. Traballamos en varios proxectos por asociación natural. Cada un achega desde a súa área, enriquecendo o proceso e os resultados. Fprmado por Lia Abregu, Bea Candiani e Juan Cruz Valinoti Abregu

8. Entrenzado de palabras

O deseño deste xardín foi realizado a partir dos deseños do alumnado do IES de Allariz André Estévez, Noa Fraga, Gabriela Domínguez, Ainara Nogueiras, Marta Pérez e Hugo Castro. O alumnado do CEIP Padre Feijoo interpretou catro poemas en cadanseu minimundo, cos que poderás xogar buscando as palabras que faltan seguindo as pistas que che dan.

O alumnado e o profesorado do CEIP Padre Feijoo e do IES de Allariz fixeron este xardín-poema con agarimo para Allariz, e para ti, que vés gozar del. Inspirámonos no baile tradicional do Entrenzado que se danza na vila para mesturar as artes do baile e da poesía nun rebumbio de cores e facer tamén unha sentida homenaxe á Xela Arias, poeta á que se adica o Día da Letras Galegas deste ano.

EQUIPO
PROCEDENCIA

9. A poesía das cousas

A procura da esencia poética, con Federico García Lorca. Que é poesía? Lemos poemas, soñamos situacións, caemos en mundos imaxinarios. Pero onde empeza a poesía? A partir de cando dicimos que algo  é poético? “A poesía é algo que anda polas rúas. Que se move, que pasa ao noso lado. Todas as cousas teñen o seu misterio e a poesía é o misterio que teñen todas as cousas. Pásase xunto a un home, mírase a unha muller, adivíñase a marcha oblicua dun can e, en cada un destes obxectos humanos, está a poesía.[…]O principal  é dar coa chave da poesía.” Ao fala con Federico García Lorca: “A poesía é algo que anda pola rúa” .Entrevista de Felipe Morais, 1936) Mergúllense na poesía e véxana como García Lorca a viu. Penétrense nun  mundo difuso e empecen unha viaxe cara ao descubrimento da esencia da poesía. Para García Lorca, a poesía é algo que sempre está aquí, que anda ao noso lado. Algo que só quere ser descuberto, xa sexa a beleza dunha flor, o xogo de luz nunha botella de cristal ou as fendas nun vello zapato de coiro. O obxectivo do noso xardín é ensinar esta forma de interpretación de poesía e convertela nunha nova práctica. A práctica de tomar un momento para repousar e mirar as cousas atentamente. Quizais descubran a poesía na súa contorna, no seu veciño máis próximo… Mesmo, quizais, en si mesmos. Benvidos!

EQUIPO
PROCEDENCIA

ALM_A é un equipo de estudantes de Paisajismo. Anna Richter procede de Italia e Lioba Dörfel e Moritz Greiner son de orixe alemá. O tres fóronse a Viena, Austria, para estudar na Universidade de Recursos Naturais e Ciencias da Vida (BOKU), onde se coñeceron.“A poesía das cousas” é o primeiro proxecto que realizaron xuntos.

10 – Sé o heroe da túa propia película

Os humanos son responsables da súa vida e é por iso que crean a súa propia película. Ningunha vida é igual, pero ten capítulos semellantes. O xardín divídese en catro zonas que representan a infancia, a mocidade, a idade adulta e a vellez. Infancia: Recorda a Peter Pan cando toma un pouquiño de po de trasniño e os nenos poden voar. Aquí menciona a cita: “Todo o que se necesita é fe e confianza”. Debes ter fe para pasar o corredor e debes confiar no seguinte capítulo. 

Mocidade: Na película “Buscando a Nemo”, Dory di: “Só segue nadando, só segue nadando, só seguen nadando, nadando, nadando”. As túas eleccións non están fixadas, sempre hai solución. Atópate na desorde das herbas, proba de diferentes xeitos. Nada é incorrecto.

 Idade adulta: Na escena na que Daisy baila e trata de convencer a Benjamin de pasar a noite xuntos, non o fan e iso apoia a súa relación. A cita: “As oportunidades marcan o transcurso da nosa vida, incluso as que deixamos ir”, danos a idea de que todo ten influencia na vida dun xeito bo ou malo. Así que, neste capítulo, proba o que che gusta. “Quita os zapatos, senta un pouco ou salta”. Vellez: A película “The Bucket List” trata sobre o significado da vida especial na escena na que Chambers oficiais pEMUregunta: “Atopaches alegría na túa vida? A túa vida trouxo alegría aos demais?” Mire cara a atrás no xardín e vexa o que experimentou. Tome o seu tempo, todo terminará aquí.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Os membros do equipo da UEM son Elisabeth Stacher, Max Mille e Udo Buttinger. Estudan Arquitectura da Paisaxe na Mestría Universitaria de Recursos Naturais e Ciencias da Vida (BOKU) en Viena. Son de Austria e Alemaña.

11. Xardín Futurista

Os poetas malditos cultivaban unha especie de poesía chea de beleza sinistra, contaxiada dunha visión catastrófica da vida. Facemos unha selección de poemas co obxectivo de centrar o tema en torno a un desesperado sentimento da natureza. Unha realidade desconectada da súa orixe, que non é capaz de observar a beleza que hai no noso entorno.

Nun momento no que o noso hábitat está gravemente ameazado, identificamos nestes poemas pesimistas unha relación co futuro do medio. Queremos confiar en palabras antigas para dar voz a un problema actual e así crear un xardín que sexa unha protesta, unha defensa, un futuro ou unha utopía, depende de nós.

Propoñemos unha intervención que represente a realidade dos xardíns que teremos no futuro se non actuamos; unha paisaxe deserta que deixará a sensación de ter esquecida toda a vida que contiña. Está composto por unha serie de elementos arquitectónicos que, abandonados, son invadidos pola natureza seca e os poemas a través de “pintados”. ???

Nunha intervención que valora a poesía, os poetas que foron rexeitados e o ambiente, buscamos que, despois de percorrela, visitantes e espectadores sexan máis conscientes do perigo que corren as nosas paisaxes e como, se queremos seguir gozando dos espazos naturais, debemos tomar medidas para facer deste espazo unha fantasía e non unha realidade.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Misture se produce cuando se desvanece la diferencia entre dentro y fuera, generando un todo continuo habitable. Con esta premisa en 2019 Verónica González y Alfredo Lamberti unen conceptos profesionales de interiorismo y paisajismo fundando misture, un estudio que propone un tipo de vida que transcurre entre el interior y el exterior.

12. Xardín Informal

O soneto é a idea xeradora do xardín e a súa métrica dá a pauta da plantación. Así, do mesmo xeito que o soneto, que  está formado por catorce versos endecasílabos, dous cuartetos e dous tercetos, a plantación disponse en catorce filas formadas por once elementos vexetais cada unha. A rima dá a especie de cada fila.

Última silaba de cada endecasílabo: ABAB ABAB CDC DCD

Introdúcense ademais outras especies da mesma forma que se distribúen os apoios rítmicos no poema, enriquecendo a variedade da plantación.

O creador do soneto, o siciliano Giacomo dá Lentini (1210-1260), escribiu na tradición dos trobadores, quen , ademais, compoñía  música coa que acompañaba os seus versos. O xardín recolle a influencia non só da composición poética, senón tamén da música. A madeira do pavimento, o círculo central, as liñas de auga que o cruzan e achegan son e os alcorques circulares son unha referencia a instrumentos medievais, como o laúde ou a cítara, que utilizaban. Unha pérgola en cuxa cuberta se escriben con letras recortadas os versos dun poema de Giacomo dá Lentini, “Poesía d’ amore”, proxecta unha sombra na que se pode ler o texto. Aquí o poema envólvenos. Unhas cadeiras convidan o visitante a sentar e gozar desta sensación, ver o xardín, ler un intre…

EQUIPO
PROCEDENCIA

É arquitecta ( UPM), Máster en Project Management (UE) e Máster en Xardinería e Paisaxismo ( UPM). Como arquitecta traballou varios anos en xestión de proxectos. Como paisaxista colaborou co Concello de Aranjuez; traballou nun estudo de paisaxismo estando involucrada en proxectos de distintas escalas e realizou xardíns privados e comunitarios en Madrid. Participante en Festival Internacional de xardíns de Allariz 2019 Primeiro premio no Certame de Recunchos en Flor de Aras dos Olmos 2019

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.