EDICIÓN 2025

1. O RENACER DA VIDA

O Renacer da Vida é un xardín que nos invita a unha reflexión crítica sobre as devastadoras consecuencias do cambio climático e o futuro incerto que nos agarda.
O núcleo central deste xardín é un almacén de sementes, un refuxio de esperanza no medio da desolación.
Este depósito acolle as sementes de especies que, nun escenario de desastre global, poderían ser fundamentais para garantir a rexeneración do planeta. As sementes representan non só a posibilidade de restauración, senón tamén a resistencia da vida fronte á adversidade.
O xardín exterior reflicte as prácticas destrutivas que a humanidade implantou ao longo dos anos. No seu deseño, represéntanse as pegadas das actividades humanas que atentaron contra o medio ambiente, como a deforestación, a contaminación e o esgotamento dos recursos naturais. Estas accións contribuíron á degradación dos ecosistemas e ao cambio climático, poñendo en risco a supervivencia mesma de innumerables especies.
O xardín ofrece unha mensaxe de resiliencia. O contraste entre o xardín desértico e o almacén de sementes simboliza a dualidade da vida mesma: a morte e o renacemento. Mentres o caos do mundo pode parecer unha ameaza apocalíptica, as sementes contidas no almacén representan unha posible reaparición da vida.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Somos Ruth Rosales, Lucía Rodríguez e Andrea Casteres, temos 19 anos e estamos a cursar o segundo ano de Deseño de Interiores na Escola de Arte e Superior de Deseño de Gran Canaria. As nosas profesoras brindáronnos a oportunidade de realizar este xardín como proxecto na materia, o que nos motivou a participar no concurso. Este foi o noso primeiro proxecto materializado e sen dúbida representou un gran reto e unha valiosa experiencia de aprendizaxe.

2. RENACER DAS CINZAS

O proxecto “Renacer entre as cinzas” representa a resiliencia da natureza fronte aos incendios forestais, ofrecendo un espazo temático que combina contemplación e reflexión. Este xardín, composto por un bosque queimado e un oasis interior, simboliza a transición desde a devastación cara á esperanza e ao renacemento.
Ao ingresar, as visitantes atopan o bosque queimado, deseñado para evocar a desolación tras un incendio. Árbores calcinadas, tons escuros e chans cubertos de grava negra e gris crean un ambiente severo e baleiro, que prepara ao público para un descubrimento posterior.
O percorrido culmina nun oasis interior, un claro protexido que representa a rexeneración da vida. Cercado por muros de espellos que intensifican a sensación de illamento, o oasis alberga unha lámina de auga central rodeada de vexetación exuberante e diversa. Plantas colgantes, enredadeiras e un ambiente vibrante destacan a capacidade dos ecosistemas para renacer tras a adversidade.
O deseño guía á visitante por unha transición emocional: desde o impacto inicial da destrución ata a calma e esperanza do claro, promovendo a sensibilización sobre a fragilidade e rexeneración dos ecosistemas. Este espazo invita á introspección e á reflexión sobre o respecto e coidado cara á natureza.
O proxecto transmite unha mensaxe de esperanza, destacando o valor dos ecosistemas e a súa incrible capacidade de rexenerarse, nun homenaxe á resiliencia da vida.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Somos un equipo composto por Laro Bustamante Díaz, Francisco Cano Masanet e Aitana Santos Ruíz. As tres persoas membros estudamos a carreira de Fundamentos da Arquitectura na Universidade Politécnica, ETSAM, en Madrid, e actualmente estamos a rematar o máster habilitante de arquitectura na mesma escola. É neste curso no que se nos dá a opción de elixir a asignatura de Paisaxes Contemporáneos, na cal nos presentan as bases deste concurso e nos motivan a participar como traballo de clase. Foi un reto presentarnos ao Concurso de Xardíns de Allariz, xa que nunca deseñáramos un xardín a este nivel de detalle, sen embargo, o feito de poder ver executado un proxecto persoal é máis que motivación suficiente para dalo todo. Se a isto se lle suma o carácter de concienciación ambiental que ten o tema, o resultado é máis que satisfactorio.

3. CAMIÑOS DE ESPERANZA

“Camiños de Esperanza” pretende lembrar ao visitante a incrible capacidade de resiliencia que posúen as plantas e a súa habilidade para transformar mesmo os contornos máis inhóspitos en espazos cheos de vida e beleza, contribuíndo á saúde e vitalidade do noso medio. O propósito é comprender a necesidade de conservar e manter os espazos verdes fronte ás problemáticas que afectan o noso planeta como efecto do quecemento global.

No percorrido proxectado, os camiños guíanos a través de diferentes perspectivas que convidan a reflexionar e traballar na restauración ou amosan como a natureza, pola súa conta, comeza a agromar. O visitante atopará, entón, o tesouro deste proxecto: un xardín polinizador, agochado ao inicio, pero revelado como símbolo de esperanza e renacemento.

Como resposta ás problemáticas que afectan tanto a nivel local como global, “Camiños de Esperanza” proxecta, dentro deste contexto, a reutilización de materiais contaminantes mediante a recuperación de gránulos no canto de grava e a transformación dos entullos nunha rocha ornamental; empregando muros de gabián como mobiliario, co propósito de que o corazón da nosa parcela, o xardín polinizador —abundante en plantas aromáticas e flores de cores rechamantes para atraer polinizadores e bolboretas—, sexa un refuxio para pequenas aves e insectos. Desde este xardín, e a través da propia reprodución das plantas, ofrécese unha oportunidade para a supervivencia de todo o noso planeta.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Álvaro José Romero Ruiz (A Paz – Bolivia), arquitecto cun mestrado en Deseño Global (arquitectura de interiores) e en Deseño de Xardíns e Paisaxismo, actualmente residente en Madrid (España). Nos meus anos de estudos e experiencia laboral, descubrín que un arquitecto ten unha responsabilidade coa cidade, a súa cidadanía e o medio ambiente que o rodea, recaendo sobre nós a tarefa de guiar e ensinar as persoas usuarias para construír un mundo máis saudable. Jenny Paola Vázquez Ruiz (Tabasco – México), licenciada en negocios internacionais cun mestrado en Deseño de Xardíns e Paisaxismo. Resido actualmente en México. A miña paixón polo deseño de espazos verdes vén da miña familia, con 15 anos de experiencia no sector. Actualmente, estou transformando o meu negocio de xardinaría nun estudo de paisaxismo, co obxectivo de crear proxectos que conecten as persoas coa natureza dun xeito sustentable e creativo.

4. O XARDÍN COMO REFUXIO

Cando penso no cambio climático véñenme á cabeza, entre outras cousas, os veráns cada vez máis abafantes que sufrimos, e non podo desligar este recordo da sensación de alivio que sinto ao sentarme á sombra dunha árbore. Este sentimento é o que inspirou este xardín, aínda que non o único.

Penso tamén nas mulleres desta terra, as curandeiras e as meigas, que cos seus coñecementos ancestrais sobre as plantas curativas e medicinais souberon coidar dos seus veciños e educar no amor e no respecto cara ao mundo natural que as rodeaba, cunha sabedoría que hoxe semella esquecida. Así mesmo, penso nas culturas pagás que comprendían, a pesar de non contar cos coñecementos científicos actuais, o poder da natureza. Respetábana e venerábana.

O deseño do xardín responde a esa idea inicial de acubillo e refuxio, pero cunha forma circular que lembra os castros, en alusión aos antigos poboadores. As especies escollidas para darlle vida son, na súa maioría, plantas con propiedades medicinais, moi utilizadas polas meigas e aínda hoxe de gran utilidade.

“O Xardín como Refuxio” pretende ser unha pequena homenaxe a aquelas persoas que nos precederon e que souberon convivir en harmonía con outras especies, transmitindo ao mesmo tempo unha visión optimista respecto ao futuro. O cambio climático é, tamén, un lenzo en branco cheo de oportunidades verdes.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Son Adriana, enxeñeira agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid e estudante de mestrado en Paisaxismo. Sempre me fascinou a capacidade que teñen os xardíns para contar historias a través das súas plantas e dos seus elementos non vexetais. Historias moitas veces agochadas, esperando a que un ollo curioso as queira descubrir. A miña formación permitiume apreciar a enorme complexidade das plantas e comprender estes espazos como imprescindibles para que os seres humanos poidamos convivir coa natureza e mellorar a nosa calidade de vida.

5. BUFFER

Este proxecto ten como obxectivo principal abordar o desafío do cambio climático, aliñándose co tema central do festival. O seu propósito é reducir as áreas que requiren mantemento e rega, diminuíndo a extensión de céspede e promovendo o uso de especies autóctonas de baixo mantemento. “Buffer” xorde baixo un concepto de ecoloxía da paisaxe, como un espazo de transición deseñado para mitigar os efectos adversos da urbanización crecente. Un xardín naturalista que busca fomentar a biodiversidade e crear un refuxio natural que ofreza un lugar habitable para a observación e contemplación da natureza. A través deste enfoque, o proxecto non só contribúe á sustentabilidade ambiental, senón que tamén convida á comunidade para interactuar coa contorna dunha maneira máis respectuosa e consciente. Deste xeito, “Buffer” actúa como un conector entre as contornas urbanas e a natureza, brindando tanto beneficios ecolóxicos como unha oportunidade para o benestar humano.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Son arquitecto e magíster en edificación sostible. Apaixonado pola natureza, sempre tentei integrar novas ideas nos meus proxectos, convencido de que é un complemento fundamental da arquitectura, achegando vitalidade e dinamismo aos espazos. En 2017 iniciei os meus estudos en deseño de paisaxe, e desde entón seguín explorando este fascinante campo, en busca de novas perspectivas e oportunidades.

6. O XARDÍN DO REVÉS

Neste xardín nada é o que aparece. Cando entras non hai un percorrido correcto, ti decides por onde andar, non hai un principio nin un final, pero con que vas tropezar? Cun tapiz de pedras e flores. Vas andar sobre un río de pedras, sen rumbo, que se mestura cun chan de flores; estas interrompen, medran e comen o que debe ser o camiño, pero tamén te poden guiar e levar a descubrir o que esconde o xardín do revés…
Imos dar algunhas pistas para entender este lugar. Aquí onde o tempo se conxela e chove cara arriba vas atopar catro mundos, catro escenas que primeiro son catro palabras, logo catro versos de palabras e logo catro estrofas de catro versos, e logo son un poema…
A poesía materialízase en catro espazos que se esconden entre muros, se pos atención poderás ver a través deles ou meterte dentro deles. As escenas non teñen orde, es ti quen vés ver este xardín, que tes total liberdade para escoller cal é este mundo sen sentido.
Neste xardín hai un mundo do onírico, un mundo do absurdo, un mundo sen sentido… É unha oda ao surrealismo e a todos os artistas surrealistas que nos regalaron a súa obra, en especial a René Magritte.

EQUIPO
PROCEDENCIA

O noso equipo componse de Manuel Amigo (Fuentesnuevas, 1999), graduado en Arquitectura pola ETSAVA; Ane Txintxurreta (Urretxu, 1998) e Selva Vallverdú (Torelló, 1998), graduadas en Arquitectura pola ETSAB. Orixinarios de diferentes lugares, atopámonos en Lisboa durante o Erasmus en 2021 e, posteriormente, reunímonos como compañeiros no Máster Habilitante en Arquitectura da ETSAM, en 2023, onde un traballo académico brindounos a oportunidade de participar neste festival. Para nós é unha oportunidade para dar vida ás nosas ideas e crear algo extraordinario xuntos. Cunha combinación de creatividade, experiencia e amizade, estamos emocionados por materializar o noso imaxinario.

7. SE CHOVE QUE CHOVA

O proxecto “¡Se chove, que chova!” propón un xardín en Allariz, Galicia, deseñado para xestionar a auga de maneira sostible nun contexto de cambio climático. O xardín busca exemplificar como os xardíns galegos poden adaptarse á intensificación das chuvias e das secas.

O deseño inclúe tres sistemas de captación de auga: xardíns de choiva, canalóns e bebedoiros. Os xardíns de choiva reteñen temporalmente a auga en depresións para filtrala cara ao subsolo. Os canalóns recollen a auga de choiva en depósitos para a súa reutilización, ademais de crear unha experiencia sonora para os visitantes. Os bebedoiros, pequenos cuncos, capturan a auga e reflicten a vexetación.

O xardín tamén conta cun anel exterior de vexetación autóctona, unha zona estancial central cunha pérgola e bancos, e un pavimento permeable. A selección das plantas baséase na súa adaptación ao clima galego, a súa contribución ao ecosistema e o seu valor estético. As especies están distribuídas segundo as súas necesidades de luz solar, incluíndo plantas para zonas húmidas, espazos perimetrais, áreas sombreadas e puntos focais.

O xardín busca ser un espazo de gozo, resiliente e sostible, que combine funcionalidade e beleza.

EQUIPO
PROCEDENCIA

O noso proxecto “¡Se chove, que chova!” xorde como unha resposta creativa e sostible ao desafío do cambio climático en Galicia. Máis alá de ser un espazo visualmente atractivo, buscamos que o xardín sexa un lugar de encontro, gozo e conexión coa natureza. A elección de plantas autóctonas non só achega unha variedade de cores e aromas, senón que tamén fomenta a biodiversidade, creando un ambiente dinámico e sensorial. A auga, elemento clave neste deseño, non só permite unha xestión eficiente dos recursos hídricos, senón que tamén xera sons relaxantes que enriquecen a experiencia. A pérgola central e os bancos convidan ao descanso e á contemplación, facendo do xardín un espazo acolledor para todas as persoas. Con este proxecto queremos demostrar que é posible crear xardíns fermosos e funcionais que, ademais, respondan aos retos climáticos, ofrecendo unha experiencia integral e sostible. sonidos relajantes que enriquecen la experiencia. La pérgola central y los bancos invitan al descanso y a la contemplación, haciendo del jardín un espacio acogedor para todas las personas.

8. O XARDÍN DAS SEGUNDAS OPORTUNIDADES

Benvidas e benvidos ao Xardín das Segundas Oportunidades, un espazo creado por todo o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz. Aquí, o lixo convértese en arte e conciencia, dando vida a recunchos para xogar, pensar e soñar. Todo foi construído con materiais de refugallo e con moito agarimo. 

As plantas escollidas non están aquí por casualidade: todas foron elixidas para atraer polinizadores, pequenos heroes esenciais para a vida no planeta. 

Entra, observa, xoga e reflexiona. Este xardín é unha segunda oportunidade tamén para nós, para coidar o medio ambiente e imaxinar un futuro sostible.

Autores e autoras
PROCEDENCIA

9. ENTRA NUNHA OBRA DE ARTE

O proxecto “¡Se chove, que chova!” propón un xardín en Allariz, Galicia, deseñado para xestionar a auga de maneira sostible nun contexto de cambio climático. O xardín busca exemplificar como os xardíns galegos poden adaptarse á intensificación das chuvias e das secas.

O deseño inclúe tres sistemas de captación de auga: xardíns de choiva, canalóns e bebedoiros. Os xardíns de choiva reteñen temporalmente a auga en depresións para filtrala cara ao subsolo. Os canalóns recollen a auga de choiva en depósitos para a súa reutilización, ademais de crear unha experiencia sonora para os visitantes. Os bebedoiros, pequenos cuncos, capturan a auga e reflicten a vexetación.

O xardín tamén conta cun anel exterior de vexetación autóctona, unha zona estancial central cunha pérgola e bancos, e un pavimento permeable. A selección das plantas baséase na súa adaptación ao clima galego, a súa contribución ao ecosistema e o seu valor estético. As especies están distribuídas segundo as súas necesidades de luz solar, incluíndo plantas para zonas húmidas, espazos perimetrais, áreas sombreadas e puntos focais.

O xardín busca ser un espazo de gozo, resiliente e sostible, que combine funcionalidade e beleza.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Nós, Georg, Silva e Ines, somos un grupo de estudantes de mestría que estudamos arquitectura da paisaxe en BOKU, Viena, Austria. Entregamos a nosa proposta de Deseño para o Festival de Xardíns de Allariz como parte dun proxecto da universidade. O proxecto “Entra nunha obra de arte” é a nosa primeira colaboración e probablemente non será a última. Estamos entusiasmados de ser parte do Festival deste ano e esperamos ver como a xente experimenta o xardín que deseñamos.

10 – O XARDÍN DE CASANDRA, PROFECÍA SILENCIADA

O Xardín de Casandra inspírase no mito de Casandra da mitoloxía grega. Casandra, princesa troyana, recibiu de Apolo o don da profecía como mostra do seu amor. Ao rexeitalo, Apolo maldíxoa: aínda que podía prever o futuro, ninguén crería as súas advertencias. Casandra predixe a caída de Troia e outros desastres, pero as súas profecías foron ignoradas, condenando ao seu pobo. Este mito reflicte a traxedia da verdade silenciada e o alto custo de desoír advertencias sobre un futuro previsíbel.

Esta historia conecta directamente coa crise climática actual e coa temática desta edición do concurso: O Cambio Climático. Durante anos, a comunidade científica advertiu sobre os seus perigos, pero estas alertas foron ignoradas ou minimizadas, repetindo a traxedia de Casandra. O cambio climático é unha profecía desatendida cuxas consecuencias serán irreversíbeis se non se actúa a tempo.

O percorrido do xardín divídese en tres etapas:
Inicio: Un contorno natural equilibrado que comeza a mostrar signos sutiles de deterioro, reflectindo as primeiras advertencias ambientais.
Punto Medio: Unha caseta pechada con novas reais sobre desastres climáticos e unha placa que explica o mito de Casandra, invitando á reflexión.
Final: Unha bifurcación con dous futuros posibles: o Caos Climático, representado por un paisaxe árido, e o Renacer Verde, un espazo cheo de vida que simboliza a esperanza a través da acción.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Somos tres estudantes de Deseño de Interiores da EASD Antonio Faílde, na provincia de Ourense, e presentamos este proxecto co obxectivo de ampliar os nosos coñecementos e explorar novas ideas noutros campos do deseño. Cada unha de nós achega unha perspectiva única ao proxecto: María destaca no uso de programas como Photoshop, Iria especialízase na creación de volumes 3D e renderizados, e Carla céntrase no deseño de planos en AutoCAD. Traballamos de forma colaborativa, participando activamente en todas as fases do proxecto para garantir unha proposta coherente e ben fundamentada. O noso xardín busca provocar unha reacción no espectador, amosando a dura realidade do cambio climático a través dun percorrido reflexivo inspirado no mito grego de Casandra. Non é só un xardín, senón unha experiencia sensorial que convida a reflexionar sobre o noso impacto no planeta.

11. JARDÍN DE ROCALLAS

O Xardín de Rocallas é un modelo de sustentabilidade que integra o deseño paisaxístico e a resiliencia ecolóxica para enfrontar o cambio climático. Mediante a construción de rocallas estruturadas con materiais drenantes e plantas resistentes á seca, este espazo minimiza o consumo de auga, estabiliza o chan e captura carbono, reducindo o impacto ambiental.
O seu deseño autosuficiente permite a rexeneración do chan e a optimización dos recursos naturais, creando un ecosistema funcional e duradeiro. Fomenta a biodiversidade ao atraer polinizadores, aves e pequenas especies, fortalecendo o equilibrio ecolóxico. A súa estrutura evita a erosión e favorece a infiltración da auga, reducindo a escorrentía e protexendo o chan. As especies seleccionadas ademais de achegar beleza, requiren un mantemento mínimo promovendo a eficiencia no uso dos recursos.
O proxecto é un refuxio ecolóxico que demostra como o deseño paisaxístico pode ser unha ferramenta clave na mitigación do cambio climático, sendo un exemplo tanxible de como a natureza e a sustentabilidade poden integrarse para crear contornas máis resilientes e equilibrados.

EQUIPO
PROCEDENCIA

Carolina Avila é Arquitecta con formación en planificación urbana e un #máster en Paisaxismo & Garden Design. O seu traballo céntrase no deseño, planificación e construción de espazos verdes sostibles, integrando solucións innovadoras que combinan estética, funcionalidade e resiliencia ambiental. A súa traxectoria inclúe experiencia en estudos de arquitectura e proxectos independentes en Ecuador e España para contornas urbanas, arquitectónicos e naturais. Comprometida coa sustentabilidade e o impacto positivo da paisaxe na calidade de vida, Carolina profundou en temas como infraestruturas verdes, adaptación ao cambio climático e solucións baseadas na natureza.

12. LA JAULA DE LOS LOCOS

No corazón deste xardín atópase un bastión de prácticas de xardinería convencionais, unha fortaleza en miniatura de paisaxismo de alto mantemento que perpetúa as prácticas prexudiciais para o medio ambiente. Este xardín pechado, en forma de gaiola, ilustra o que os científicos denominan o “efecto manicomio”: un espazo no que as realidades ambientais son ignoradas, se non negadas por completo.

A perfección coidada dentro das paredes do xardín reflicte unha paradoxa: mentres a sociedade enfronta un aumento das secas, a degradación do solo e a perda de biodiversidade, este modelo de xardín encarna a resistencia ao cambio, alimentada pola negación e a nostalxia dunha versión insostible da beleza.

Sen embargo, fóra da gaiola, florece un xardín prospectivo con plantas adaptables ao clima, vexetación tolerante á seca e especies autóctonas que prosperan cun achegue mínimo de recursos. Este xardín ofrece unha alternativa resiliente que aborda a necesidade de métodos de xardinería máis adaptables e sostibles nunha era de crise ambiental. Sirve tanto como un contraste como unha crítica ao xardín “ideal” pechado no interior, onde a dependencia dos fertilizantes e o rego excesivo se opoñen rotundamente á resiliencia ecolóxica.

Os visitantes poden echar un vistazo á “propiedade privada”, mirando as súas extravagantes riquezas, mentres se lles anima a explorar o xardín sostible circundante que está aberto para todos. Esta yuxtaposición visual e temática plantea a pregunta: ¿Canto tempo podemos permitirnos aferrarnos ás tendencias de xardinería que ignoran o cambio climático, e como podería ser un futuro máis harmonioso e ecoloxicamente integrado?

EQUIPO
PROCEDENCIA

O noso equipo de traballo ‘Boku Viena’ está formado por Lisa Allerstorfer, Enikö Huber, Katharina Pichler e Annika Hornek. Como estudantes de máster en arquitectura paisaxística e planificación paisaxística na Universidade de Recursos Naturais e Ciencias da Vida, estabamos entusiasmadas coa oportunidade dunha colaboración internacional e estamos orgullosas de ser un dos equipos gañadores desta competición. O noso obxectivo era crear un xardín de exhibición que proporcionase tanto un lugar para relaxarse como algo para reflexionar. ¡Esperamos que o disfrutes!

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.